Rudolf von Laban

coreógrafo austríaco

Rudolf von Laban, tamén coñecido como Rudolf Laban (en húngaro: Rezső Lábán de Váraljas, Lábán Rezső, Lábán Rudolf), nado en Bratislava o 15 de decembro de 1879 e finado en Weybridge (Inglaterra) o 1 de xullo de 1958, foi un artista e teórico da danza austrohúngaro. Está considerado como un dos pioneiros da danza contemporánea en Europa, así acomo o "pai fundador da danza expresionista" en Alemaña.[1] A súa obra supón a fundación da Análise de Movemento Laban, a Labanotación (Kinetografía Laban), outros desenvolvementos máis específicos en notación da danza e na evolución de moitas variedades dos estudos de movemento Laban. Está considerado unha das figuras máis importantes da historia da danza.[2]

Modelo:BiografíaRudolf von Laban

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Rudolph von Laban
(en) Rudolf Laban Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1879 Editar o valor en Wikidata
Bratislava, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Weybridge, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWeybridge Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaInglaterra (1938–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCoreografía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncoreógrafo, bailarín, bailarín de ballet, teatrólogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosDi Stefano, Irmgard Bartenieff (en) Traducir, Olga Brandt-Knack, Hertha Feist, Kurt Jooss (pt) Traducir, Lola Rogge (pt) Traducir, Mary Wigman, Greta Wrage von Pustau (en) Traducir, Ruth Loeser, Martin Gleisner (en) Traducir e Dilys Price (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosAzra von Laban, André Perrottet Editar o valor en Wikidata

IMSLP: Category:Laban,_Rudolf_von Find a Grave: 174726719 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rudolf Laban naceu en Pozsony, hoxe Bratislava en 1879 no reino de Hungría, Imperio Austrohúngaro, nunha familia aristocrática. A familia do seu pai procedía da nobreza francesa (De La Banne, dun cruzado francés abandonado no reino de Hungría no século XIII) e da nobreza húngara, e a familia da súa nai era de Francia. O seu pai era mariscal de campo do imperio Austrohúngaro e gobernador das provincias de Bosnia e Hercegovina. Pasou a súa infancia nos círculos da corte de Viena e Bratislava, ademais de en Bosnia e Hercegovina, nas cidades de Saraxevo e Mostar.[3]

Alistado polo seu pai como cadete na academia militar de Wiener Neustadt, abandonouno para estudar arquitectura na Écoles des Beaux Arts de París. Durante a súa estadía nesa cidade, Laban interesouse na relación entre a forma humana en movemento e o espazo que a arrodea. Marchou entón a Múnic aos trinta anos e baixo a influencia da coreógrafa e bailarina seminal Heidi Dzinkowska[4] comezou a concentrarse no Bewegungskunst, máis coñecido como Ausdruckstanz, ou as artes do movemento, pasando os meses de verán de 1913 e 1914 dirixindo a escola de artes da comunidade alternativa de Monte Verità en Suíza.

Estableceu un centro de adestramento coreográfico en Zürich en 1915, e logo outros en Italia, Francia e Europa central.

Unha das súas grandes contribucións á danza foi a publicación en 1928 de Kinetographie Laban, sistema de notación da danza que foi coñecido como Labanotación e aínda segue a ser un dos principais sistemas de notación de movementos na danza. As súas teorías da coreografía e o movemento foron os fundamentos da danza moderna e da notación da danza (coreoloxía). Máis adiante aplicáronse a outros campos, incluídos os estudos culturais, desenvolvemento do liderado e teoría da comunicación non verbal.

Laban desenvolveu a arte do coro en movemento, en que un gran número de persoas se movían xuntas dun xeito coreografado, pero que podía incluír expresión persoal. Este aspecto da súa obra estaba moi relacionada coas súas crenzas espirituais persoais, baseadas na combinación da teosofía vitoriana, o sufismo e o popular hermeticismo finisecular. En 1914 unírase á Ordo Templi Orientis e asistiu á súa conferencia “non nacional” de Monte Verità, Ascona, en 1917, onde dirixiu A Canción do Sol interpretada no outeiro de Ticino.

Laban fundara un programa de verán de danza en Ascona en 1912, que continuou ata 1914, cando estalou a primeira guerra mundial.

 
Escola de bile de Laban en Berlín, 1929.
 
Bailaríns na escola de baile de Laban en 1929.

Alemaña

editar

Entre 1921 e 1929 dirixiu o Tanzbühne Laban e os pequenos grupos Kammertanzbühne Laban creando e facendo xiras de obras teatrais de danza e coros de movementos para bailaríns afeccionados. Iniciou tres congresos de danza en 1927, 1928 e 1930 para promover o papel da danza e o status dos bailaríns en Alemaña.

Entre 1930 e 1934 foi o director dos Teatros Aliados do Estado en Berlín, Alemaña. En 1934, foi nomeado director do Deutsche Tanzbühne, na Alemaña nazi.[5]

Dirixiu importantes festivais de danza baixo o financiamento do ministerio de propaganda de Joseph Goebbels en 1934-1936.[6] Laban mesmo escribiu durante esta época que "queremos dedicar os nosos medios de expresión e a articulación do noso poder ao servizo da gran tarefa do noso Volk. Con increbantable claridade o noso Führer sinala o camiño".[7] En 1936 Laban converteuse no presidente da asociación "obradoiros alemáns para a danza" e recibiu un soldo de 1250RM ao mes,[8] mais unha úlcera duodenal en agosto dese ano deixouno na cama durante dous meses, e finalmente levouno a pedir unha redución das súas responsabilidades.[9] Isto foi aceptado e o seu salario foi reducido a 500RM, entón continuou no posto ata marzo de 1937 en que rematou o seu contrato.[10] Fixéronse varias alegacións do apoio de Laban á ideoloxía nazi, por rexemplo tan axiña como en xullo de 1933 estaba quitando os alumnos etiquetados como non arios das clases para nenos que levaba como director de ballet.[11] Con todo, algúns estudosos de Laban indicaron[12] que esas palabras e accións eran precisas para a supervivencia en Alemaña nesa época, e que a súa posición era precaria ao non ser cidadán alemán nin membro do partido nazi. O seu traballo baixo o réxime nazi culminou en 1936 coa prohibición por Goebbel de Vom Tauwind und der Neuen Freude (“Do vento da primavera e a nova ledicia”) por non impulsar a axenda nazi.[13]

Inglaterra

editar

En 1937 permitíuselle viaxar a París e de alí marchou a Inglaterra. Uniuse á escola de danza de Jooss-Leeder en Dartington Hall no condado de Devon, onde xa se estaba a ensinar danza innovadora por outros refuxiados alemáns.

Durante eses anos foi axudado nas súas ensinanzas da danza pola súa socia e parella Lisa Ullmann. A súa colaboración levou á fundación do Laban Art of Movement Guild (agora coñecido como Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance) en 1945 e do Art of Movement Studio de Manchester en 1946. Laban era amigo de Carl Jung e Josef Pilates (creador do método Pilates).

En 1947, publicou o libro Effort, estudo Fordístico do tempo que leva interpretar tarefas no lugar de traballo e da enerxía que se empregou. Intentou proporcionar métodos para axudar aos traballadores a eliminar "movementos sombra" (que cría que desperdiciaban enerxía e tempo) e centrarse pola contra en movementos construtivos necesarios para o oficio. Publicou Modern Educational Dance en 1948 cando as súas ideas sobre a danza para todos, incluíndo os nenos, xa eran ensinadas en moitas escolas británicas.

  1. Dörr, Evelyn, (2008). "Rudolf Laban: The Dancer of the Crystal", Lanham, Maryland: Scarecrow Press, page 99-101.
  2. Karina, Lillian & Kant, Marion, (2003) (translator: Steinberg, Jonathan). "Hitler's Dancers: German Modern Dance and the Third Reich", New York & Oxford: Berghahn Books, page viii.
  3. Dörr, Evelyn, (2008). "Rudolf Laban: The Dancer of the Crystal", Lanham, Maryland: Scarecrow Press, page 1-8.
  4. "dance-archives.ac.uk". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. Rudolf Laban Arquivado 02 de novembro de 2006 en Wayback Machine. biografía de Trinity-Laban School, Londres.
  6. Manning, Susan. "Reinterpreting Laban" a review of "Body-Space-Expression: The Development of Rudolf Laban's Movement and Dance Concepts" by Vera Maletic. Dance Chronicle, Vol. 11, No. 2 (1988), pp. 315–320.
  7. Rudolf Laban, "Meister und Werk in der Tanzkunst," Deutsche Tanzzeitschrift, May 1936, quoted in Horst Koegler, "Vom Ausdruckstanz zum 'Bewegungschor' des deutschen Volkes: Rudolf von Laban," in Intellektuellen im Bann des National Sozialismus, ed. Karl Corino (Hamburg: Hoffmann & Campe, 1980), p. 176.
  8. Karina, Lillian & Kant, Marion, 2003 (translator: Steinberg, Jonathan). "Hitler's Dancers: German Modern Dance and the Third Reich", New York & Oxford: Berghahn Books, p. 244.
  9. Karina, Lillian & Kant, Marion, 2003 (translator: Steinberg, Jonathan). "Hitler's Dancers: German Modern Dance and the Third Reich", New York & Oxford: Berghahn Books, p. 254.
  10. Karina, Lillian & Kant, Marion, 2003 (translator: Steinberg, Jonathan). "Hitler's Dancers: German Modern Dance and the Third Reich", New York & Oxford: Berghahn Books, p. 256.
  11. Karina, Lillian & Kant, Marion (translator: Steinberg, Jonathan). "Hitler's Dancers: German Modern Dance and the Third Reich", New York & Oxford: Berghahn Books, 2003.
  12. Preston-Dunlop, Valerie. "Rudolf Laban An Extraordinary Life" (Dance Books, 1998) (especially Chap. 9 'The Nazification of Culture' and Chap. 10 'Survival').
  13. Kew, Carole. "From Weimar Movement Choir to Nazi Community Dance: The Rise and Fall of Rudolf Laban's "Festkultur"".Dance Research: The Journal of the Society for Dance Research, Vol. 17, No. 2 (1999): pp. 73–96.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 1
COMMUNITY 1
Idea 1
idea 1
Project 1
todo 5