Ryoji Noyori

químico xaponés

Ryoji Noyori (野依良治?), nado o 3 de setembro de 1938 en Kōbe (神戸市 Kōbe-shi?) (Xapón), é un químico xaponés gañador do premio Nobel de Química en 2001. Noyori compartiu a metade do premio con William Standish Knowles polo estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales; a segunda metade do premio foi para K. Barry Sharpless polo seu estudo das reaccións de oxigenación utilizando catalizadores quirales.

Modelo:BiografíaRyoji Noyori

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 野依 良治 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Ashiya, Xapón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKōbe Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kyoto - doutoramento (1963–1967)
Universidade de Kyoto - Mestrado (1961–1963)
Universidade de Kyoto - título de grao (1957–1961)
Universidade de Nagoia
Universidade Harvard
Nada Junior and Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseHitoshi Nozaki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica, fisicoquímica e química orgánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Nagoia
Meijo University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Kyoto University Rugby Football Club
Familia
ParentesMasamitsu Ōshima, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webriken.jp… Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fascinouse coa química aos 12 anos, logo de escoitar unha presentación sobre o nailon. Viu no poder da química como ter a capacidade de "obter valores elevados a partir de case nada". Converteuse en estudante na Universidade de Kyoto onde se gradó en 1961, e se doutorou en enxeñería química en 1967.

Traballou como un instrutor no grupo de investigación de Hotosi Nozaki antes de ser nomeado profesor asociado na Universidade de Nagoya. Tras o traballo posdoutoral con Elias J. Corey en Harvard volveu a Nagoya, converténdose nun catedrático en 1972.

Actualmente segue vivindo en Nagoya, aínda que é tamén agora presidente de RIKEN (理研?), unha iniciativa de investigación nacional en varios lugares cun orzamento anual de 800 millóns de dólares estadounidenses.

Investigacións científicas

editar

Noyori cre firmemente no poder da catálisis e da química sostible; nun artigo recente defende a procura da "elegancia práctica en síntese".[1] Neste artigo afirma que "a nosa capacidade de concibir unha síntese química sinxela e práctica é imprescindible para a supervivencia das nosas especies." Noutro lugar dixo que "A investigación é para as nacións e a humanidade, non para os propios investigadores." Anima aos científicos a ser politicamente activos- "Os investigadores deben incitar opinións públicas e políticas gobernamentais cara á construción da sociedade sostible no século XXI.[2]

  1. R. Noyori, Pursuing practical elegance in chemical synthesis, Chemical Communications, 2005 (14), 1807 - 1811. Abstract
  2. "Keynote address, 23 de xuño de 2005, at the Second International Conference on Green and Sustainable Chemistry, Wáshington DC.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Alan J. Heeger,
Alan MacDiarmid
e
Hideki Shirakawa
Premio Nobel de Química
 

2001
con
William Standish Knowles
e
K. Barry Sharpless
Sucesor:
John Fenn,
Koichi Tanaka
e
Kurt Wüthrich


  NODES
Intern 2
iOS 3
mac 1
Note 1
os 34
text 1
todo 1
web 1