Sónar
O Sónar é un festival de música electrónica e experimental de Barcelona, creado no 1994 por Ricard Robles, Enric Palau e Sergi Caballero aínda que o nome orixinal era Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia de Barcelona. Hoxe en día é organizado pola empresa Advanced Music.
Sónar | |
---|---|
Festival no 2006 | |
Localización | Barcelona, España |
Anos | 1997 - |
Nº edicións | 17 |
Fundadores | Ricard Robles, Enric Palau e Sergi Caballero |
Data | 17, 18 e 19 de xuño de 2010 |
Xénero | Música electrónica |
Organizador | Advanced Music S.L. |
Web oficial | www.sonar.es |
Na rede |
Historia e características
editarCelébrase cada ano a mediados de xuño cunha duración de tres días e está considerado coma un dos festivais máis prestixiosos de Europa do seu xénero. As actividades desenvólvense en diferentes escenarios do barrio do Ravel, no centro de Barcelona. O Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), o Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA) ou a Fira Gran Via M2 de L'Hospitalet de Llobregat, adoitan ser escenarios escollidos para o festival.
O Sónar non ofrece só actuacións musicais, senón que tamén organiza conferencias e exposicións de prestixiosos artistas internacionais que tratan as últimas tendencias en música electrónica, arte multimedia, vídeo e cinema.
No ano 2010 realizouse unha edición conxunta en Barcelona e na Coruña dentro do programa de actuacións do Xacobeo, celebrándose no recinto de ExpoCoruña.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Oficial (en castelán)
- Comezo de Sónar Galicia en A Nosa Terra
- Suplemento especial en Galicia Hoxe Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.