SIGINT (acrónimo do inglés signals intelligence), é o termo usado para referirse á actividade de recompilación de información ou intelixencia por medio da interceptación de sinais de comunicacións entre persoas ou máquinas.

Hoxe en día, a SIGINT é a principal fonte de información dos servizos de intelixencia, a diferenza do pasado, cando a HUMINT (human intelligence) era a base da espionaxe. Porén, o uso conxunto de todas as formas de espionaxe é o que permite resultados máis eficientes, por exemplo, unha transmisión de dados pode obterse cifrada e o código para a descifrar pódeo obter un espía.

Categorías

editar

SIGINT ten as seguintes subcategorias:

  • COMINT, acrónimo de communications intelligence, enfocado nas comunicacións humanas.
  • ELINT, acrónimo de electronic intelligence, enfocado no uso de sensores para obter datos, principalmente, sobre a rede de defensa inimiga. O alcance dos radares por exemplo.
  • FISINT, acrónimo para foreign instrumentation intelligence, céntrase nas comunicacións non humanas, como a telemetría de mísiles.

Moitas veces as actividades de COMINT son descritas como SIGINT, o que pode causar confusión.

Utilización

editar

Cada vez a SIGINT é máis imprescindible para os militares, e tamén para os diplomáticos, dende o desenvolvemento das telecomunicacións e a súa aplicación militar, alén da mecanización que aumentou a velocidade e radio de actuación das forzas, como a Blitzkrieg e o uso do submarino e da aviación militar, que usan as comunicacións por radio.

Feitos que proban a importancia das SIGINT na guerra moderna:

Actividades pasadas e actuais

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1