Sabela de Portugal

Raíña de Portugal

Sabela de Portugal,[1] ou Isabel de Aragón (Yzabel na grafía medieval portuguesa), nada en Zaragoza cara a 1270 e finada en Estremoz o 4 de xullo de 1336, foi unha infanta aragonesa e, de 1282 ata 1325, raíña consorte de Portugal, polo seu casamento con rei Dinís I de Portugal.

Modelo:BiografíaSabela de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Isabel de Aragón Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1271 Editar o valor en Wikidata
Palacio da Aljafería (Reino de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1336 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Estremoz, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Santa Clara-a-Nova Editar o valor en Wikidata
Raíña de Portugal
11 de febreiro de 1282 – 7 de xaneiro de 1325
← Beatriz de CastelaBeatriz de Castela → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de xullo Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoCoroa, Rosa e crucifixo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña de Portugal (1282 (Gregoriano)–1325 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Barcelona Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDinis de Portugal (1282 (Gregoriano)–1325 (Gregoriano)), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosConstança de Portugal, Afonso IV de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisPedro III de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Constanza II de Sicilia Editar o valor en Wikidata
IrmánsViolante de Aragão e Sicília
Xaime II de Aragón
Afonso III de Aragón
Frederico II de Sicilia
Pedro de Aragão
Jaume Pere d'Aragó i Nicolau Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX878190 WikiTree: Aragón-131 Find a Grave: 97438273 Editar o valor en Wikidata

Pasou á historia coa fama de santa, tendo sido beatificada e posteriormente canonizada. Foi popularmente coñecida como Raíña Santa Sabela ou simplemente A Raíña Santa.

Orixes

editar

Sabela era a filla máis vella do rei Pedro III de Aragón con Constanza de Sicilia. Por vía materna, era descendente de Frederico II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, pois o seu avó materno era Manfredo de Hohhenstauffen, rei de Sicilia, fillo de Frederico II.

Tivo cinco irmáns, entre os cales os reis aragoneses Afonso III e Xaime II, ademais doutro monarca reinante, Frederico II de Sicilia. Unha tía materna súa foi Sabela de Hungría, tamén considerada santa pola Igrexa Católica.

Casamento

editar
 
A raíña Santa Sabela ao lado de D. Dinís.

Dinís I de Portugal tiña 18 anos cando subiu ao trono e pensando en casamento convíñalle Sabela de Aragón. D. Dinís enviou por iso unha embaixada a Pedro de Aragón en 1280. Formábana João Velho, João Martins e Vasco Pires. Cando chegaron, estaban aínda á espera de resposta enviados dos reis de Francia e de Inglaterra, cada un desexoso de casar con Sabela un dos seus fillos. Aragón preferiu entre os pretendentes aquel que xa era rei.

A 11 de febreiro de 1282 con 12 anos, Sabela casou, entón, por poderes co soberano portugués D. Dinis en Barcelona, tendo celebrado a voda ao pasar a fronteira da Beira, en Trancoso, o 26 de xuño do mesmo ano. Por ese motivo, o rei acrecentou esa vila ao dote que habitualmente era entregue ás raíñas (a chamada Casa das Raíñas, conxunto de señoríos a partir dos cales as consortes dos reis portugueses collían as prendas destinadas á manutención da súa persoa.

En 1281 Sabela de Aragón recibiu como dote as vilas de Abrantes, Óbidos, Alenquer e Porto de Mós. Posteriormente recibiu tamén os castelos de Vila Viçosa, Monforte, Sintra, Ourém, Feira, Gaia, Lamoso, Nóbrega, Santo Estêvão de Chaves, Monforte de Rio Livre, Portel e Montalegre, ademais das rendas e das vilas de Leiria e Arruda (1300), Torres Novas (1304) e Atouguia da Baleia (1307). Eran aínda seus os reguengos de Gondomar, Rebordões, Codões, ademais dunha quinta en Torres Vedras e da leziria da Atalaia.

Do seu casamento co rei D. Dinis tivo dous fillos:

Raíña da paz

editar
A chegada da Raíña Santa Sabela á Catedral de Santiago de Compostela.
A raíña deposita a súa coroa aos pés do arcebispo de Santiago de Compostela.

Na década de 1320, o infante D. Afonso, herdeiro do trono, sentiu a súa posición ameazada polo favor que o rei D. Dinís demostraba para co seu fillo bastardo, Afonso Sanches. O futuro Afonso IV declarou abertamente a intención de batallar contra o seu pai, o que case se concretaría na chamada batalla de Alvalade. Porén, a intervención da raíña conseguiu serenar os ánimos e pola paz asinada en 1325 nesa mesma poboación dos arredores de Lisboa, foi evitado un conflito armado que tería desestabilizado o reino.

D. Dinís morreu en 1325 e, pouco despois da súa morte, Sabela peregrinou á catedral de Santiago de Compostela, no reino de Galiza, facéndoo montada nun burro, e a última etapa a pé, onde ofertou moitos dos seus bens persoais.

Recolleuse por fin no entón Convento de Santa Clara-a-Velha en Coímbra, vestindo o hábito da Orde das Clarisas mais non facendo votos, o que lle permitía manter a súa fortuna usada para a caridade. Só volvería saír del unha vez, pouco antes da morte, en 1336.

Nesa altura, Afonso declarou guerra ao seu sobriño, o rei D. Afonso XI de Castela, fillo da infanta Constanza de Portugal e por tanto neto materno de Sabela, polos malos tratos que este inflixía á súa esposa D.ª Maria, filla do rei portugués. Non obstante a súa idade avanzada e a súa doenza, a raíña Santa Sabela dirixiuse a Estremoz, cabalgando na súa mula por días e días, onde unha vez mais se colocou entre dous exércitos desavindos e evitou a guerra. Porén, a paz chegaría só catro anos máis tarde coa intervención da propia María de Portugal, por un tratado asinado en Sevilla en 1339.

Falecemento e legado

editar

Sabela faleceu, tocada pola peste, en Estremoz, a 4 de xullo de 1336, tendo deixado expreso no seu testamento o desexo de ser sepultada no Mosteiro de Santa Clara-a-Velha, onde en 1995 foi iniciada unha escavación arqueolóxica, após ter estado por 400 anos parcialmente somerxido polo río Mondego.

Segundo unha historia haxiográfica, sendo a viaxe demorada, había o receo de o cadáver entrara en descomposición acelerada polo calor que facía, e cóntase que a medio da viaxe debaixo dunha calor abrasadora o ataúde comezou a abrir fendas, polas cales escorría un líquido que todos supuxeran provir da descomposición cadavérica. Cal non foi, porén, a sorpresa cando notaron que en vez do mal cheiro esperado, saía un aroma suavísimo do ataúde. O seu esposo D. Dinís repousa no Mosteiro de São Dinis en Odivelas.

 
Túmulo da Raíña Santa Sabela por Mestre Pêro no Convento de Santa Clara-a-Nova

Sabela terá sido unha raíña moi piadosa, pasando gran parte do seu tempo en oración e axuda aos pobres. Por iso mesmo, aínda en vida comezou a gozar da reputación de santa, tendo esta fama aumentado tras a súa morte. Foi beatificada polo papa León X en 1516, vindo a ser canonizada, por especial pedido da dinastía filipina, que mostrou grande empeño na súa santificación, polo papa Urbano VIII en 1625. É reverenciada o 4 de xullo, data do seu falecemento.

Coa invasión progresiva do convento de Santa Clara-a-Velha de Coímbra polas augas do rícoo Mondego, houbo necesidade de construír o novo convento de Santa-Clara-a-Nova no século XVII, para onde se procedeu á translación do corpo da Raíña Santa. O seu corpo encóntrase incorrupto no túmulo de prata e cristal, mandado facer despois da translación para Santa Clara-a-Nova.

No século XVII, a raíña D. Luísa de Gusmão, rexente en nome de seu fillo D. Afonso VI, transformou en capela o cuarto en que a raíña Santa Sabela falecera no castelo de Estremoz.

Actualmente, innumerables escolas e igrexas ostentan o seu nome na súa homenaxe. É aínda padroeira da cidade de Coímbra, cuxo festivo municipal coincide co día da súa memoria (4 de xullo). Alfredo Marceneiro dedicoulle o fado Rainha Santa, con letra de Henrique Rego.

O seu túmulo así como o Mosteiro Novo de Santa Clara (Santa Clara-a-Nova) está confiado á garda da Confraría da Raíña Santa Sabela.

A lenda do milagre das rosas

editar
 
Estatua da Raíña Santa Sabela na igrexa do Palacio Nacional de Mafra.

A historia mais popular da Raíña Santa Sabela é sen dúbida a do milagre das rosas. Porén, este milagre foi orixinalmente atribuído á súa tía avoa Sabela de Hungría. Probabelmente por corrupción da lenda orixinal e polo feito de as dúas raíñas posuíren o mesmo nome e fama de santas, a historia pasou tamén a ser atribuída a Sabela de Aragón.

Segundo a lenda portuguesa, a raíña saíu do Castelo do Sabugal nunha mañá de inverno para distribuír pans aos máis desfavorecidos. Sorprendida polo soberano, que lle inquiriu a onde ía e o que levaba no regazo, a raíña tería exclamado: São rosas, Senhor!. Desconfiado, D. Dinis inquiriu: Rosas, no inverno?. Sabela expuxo entón o contido do regazo do seu vestido e nel había rosas, en vez dos pans que ocultara.

A época exacta do aparecimento desta lenda na tradición portuguesa non está determinada. Non consta dunha biografía anónima sobre a raíña escrita no século XIV, mais circularía oralmente polo país nas últimas décadas dese século. O máis antigo rexisto coñecido é un retablo catrocentista conservado no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

... levaba unha vez a Raíña santa moedas no regazo para dar aos pobres(...) Encontrando a el-Rei preguntoulle o que levana,(...) ela dixo, levo aqui rosas. E rosas viu el-Rei non sendo tempo delas.
Crónica dos Frades Menores, Frei Marcos de Lisboa, 1562

O primeiro rexisto escrito do milagre das rosas encóntrase na Crónica dos Frades Menores. Porén, a tradición popular xerou numerosas variantes: moedas de ouro que se transforman en rosas ou rosas que se transforman en ouro; e a actualmente mais coñecida, do pan en flores.

En mediados do século XVI a lenda xa fora amplamente difundida e foi ilustrada por unha pintura anónima, coñecida por Raíña Santa Sabela, no Museu Machado de Castro de Coímbra, e por unha miniatura da Xenealogia dos Reis de Portugal de Simão Bening sobre deseño de António de Holanda. No século XVII xorden dous traballos anónimos retratando a raíña, a pintura ó óleo no atrio do Instituto de Odivelas e o retablo do Mosteiro do Lorvão.

 
Santa Sabela de Portugal, na capela da Misericordia de Baiona.

Bibliografía

editar

A primeira biografía de Sabela de Aragón foi escrita por alguén próximo á raíña, talvez o seu confesor Frei Salvado Martins, bispo de Lamego, ou unha das aias de Santa Clara. É xeralmente coñecida por Lenda ou Relación, mais a pesar de se ter perdido o orixinal, o Museu Machado de Castro conserva unha copia manuscrita e iluminada, co título: Livro que fala da boa vida que fez a Raiña de Portugal, Dona Sabela, e seus bons feitos e milagres en súua vida, e despois da morte.

Esta obra, de natureza haxiográfica, serviu de base ás biografías e crónicas posteriores, incluíndo a Crónica de 1419 e as Crónicas de D. Dinis e de D. Afonso IV, de Rui de Pina. Foi publicada no século XVII por Frei Francisco Brandão, na parte VI da Monarquia Lusitana.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-19. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
 
 
Raíña de Portugal

12821325
Sucesor:
 
  NODES
todo 2