O saco gular ou bolsa gular é unha bolsa de pel inflable presente na rexión cervical nalgunhas especies de aves,[1] mamíferos,[2] réptiles[3] e anfibios,[4] utilizada para amplificar sons, almacenar alimentos ou o cortexo.

A fragata Fregata magnificens ten unha bolsa gular que pode inflar para atraer a unha parella.
Iguana con bolsa gular.

Esta bolsa é particularmente prominente nalgunhas aves mariñas como os corvos mariños e os pelicanos, nos cales forman un saco utilizado para almacenar alimento temporalmente. Nos corvos mariños esta bolsa é coloreada, o cal posiblemente teña unha función nas interaccións sociais e o cortexo. Isto é evidente nas fragatas, as cales ínflana durante os rituais de apareamento durante uns 20 minutos, lucindo como un gran globo vermello.

Como os corvos mariños son parentes máis próximos dos mascatos e Anhinga (que non teñen unha bolsa gular prominente) que de fragatas ou pelicanos, pode deducirse que neles a bolsa gular pode ser plesiomórfica ou adquirida por evolución paralela.

En mamíferos como as morsas, algunhas especies de xibóns e o siamang, os orangutáns machos e moitos anfibios (saco vocal), e réptiles (pregamento gular) esta bolsa pode inflarse para producir e amplificar os sons, advertir aos seus rivais e atraer ás femias. No dragón de Komodo funciona facilitando a respiración mientres corre.[3]

  1. Manitoba Museum of Man and Nature (2008). "Glossary of Ornithology Terms". Manitoba Museum of Man and Nature. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 17 de febeiro de 2016. 
  2. Ankel-Simons, F. (2007). Primate Anatomy An Introduction (en inglés) (3 ed.). Academic Press. p. 442. ISBN 0-12-372576-3. 
  3. 3,0 3,1 Scienceray, 2011. The Importance of Komodo Dragons Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 18 de agosto de 2011
  4. Kentwood David Wells. The ecology & behavior of amphibians. Consultado o 18 de febreiro de 2016
  NODES
todo 1