Salomé (princesa)

Salomé, nada en 14 e finada en 62?, foi unha princesa idumea, filla de Herodes Filipo I e Herodías, e fillastra de Herodes Antipas, relacionada coa morte de Xoán o Bautista.

Modelo:BiografíaSalomé

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) שלומית‎
(grc) Σαλώμη Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e Xudeocristiáns Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xudea Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaHerodian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipe
Aristóbulo (filho de Herodes de Cálcis) Editar o valor en Wikidata
FillosAristobulus
 () Aristóbulo (filho de Herodes de Cálcis) Editar o valor en Wikidata
PaisHerodes Filipe Editar o valor en Wikidata  e Herodíade Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Decapitação de João Batista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo
Encyclopædia Britannica
Enciclopedia Católica Editar o valor en Wikidata

Relación coa morte de Xoán o Bautista

editar

Segundo os evanxeos sinópticos, Xoán o Bautista reprobaba o matrimonio de Herodes Antipas e Herodías por ser esta unha muller divorciada, o cal non era lícito para a lei xudía. Por mor disto, Herodes Antipas mandou encerrar o profeta nun calabozo, mais non o mataba por temor ás protestas do pobo. O día do aniversario de Herodes, con todo, no medio dunha festa cos principais de Galilea presentes, Salomé realizou unha danza para el, a cal agradou tanto o rei que este lle permitiu, baixo xuramento, que lle pedise como agasallo o que quixese. Aconsellada pola súa nai, Salomé pediu a cabeza de Xoán o Bautista nunha bandexa de prata. Como dera a súa palabra, Herodes Antipas mandouno decapitar, e un garda encargouse de entregarlle a cabeza a Salomé como a pediu, que á súa vez a entregou á súa nai (Mateu 14:1-12, Marcos 6:14-29 e Lucas 9:7-9).

Identificación

editar

No Novo Testamento, Salomé non é mencionada polo seu nome; só se fai referencia a ela como a "filla de Herodías" (Marcos 5:6-22). O seu nome chegou até nós grazas ás Antigüidades xudías, de Flavio Xosefo (libro XVIII, capítulo 5,4). O primeiro esposo de Herodías foi Herodes Filipo I (27 aC -34), fillo de Mariamna II, que non debe confundirse co primeiro esposo de Salomé, fillo de Cleopatra de Xerusalén, Herodes Filipo II, tetrarca de Traconítida e Iturea, o seu medio irmán e á vez medio irmán máis novo de Herodes Antipas, tetrarca de Galilea e fillo de Maltaké.[1]

Non debe confundirse esta Salomé coa Salomé que aparece no Novo Testamento como seguidora de Xesús de Nazaret.

Salomé nas artes

editar

Pintura

editar
 
Salomé coa cabeza de San Xoán Bautista pintada por Artemisia Gentileschi
Artigo principal: Salomé coa cabeza do Bautista.

A historia bíblica foi representada con frecuencia na pintura, xa que ofrece a posibilidade de plasmar escenarios exóticos e mulleres seminúas sen abandonar o repertorio bíblico. Algúns dos pintores que levaron o lenzo a historia de Salomé foron Tiziano (Palazzo Doria-Pamphili de Roma), Caravaggio (Palacio Real de Madrid), Gustave Moreau, Federico Beltrán Masses e Bartholomäus Strobel (Museo do Prado).

Foi representada por Artemisia Gentileschi.

Literatura

editar
Artigo principal: Salomé (Oscar Wilde).

A historia de Salomé deu lugar a varias elaboracións literarias.

Dunha parte, proporciona o argumento a unha coñecida obra teatral de Oscar Wilde, que se estreou en París en 1896. Na obra de Wilde, Salomé sente unha morbosa atracción por Xoán o Bautista. Enfurecida polo seu rexeitamento, pídelle ao seu padrasto que sexa executado. Ao final da obra bica a cabeza do Bautista. Wilde publicou e estreou a obra en Francia por mor da prohibición existente no Reino Unido de levar á escena argumentos bíblicos. Na versión francesa foi auxiliado por Marcel Schwob. Máis adiante, a obra foi traducida ao inglés; Alfred Bruce Douglas (Bosie), amante de Wilde, consta como tradutor ao inglés da obra. Curiosamente, o detalle morboso do bico aos beizos mortos de Xoán aparecía xa nunha obra medieval, o Ysengrimus de Nivardo de Gante (século XIII), en que se dá unha curiosa confusión entre Salomé e Herodías. Cando tenta bicar a boca da cabeza decapitada de Xoán o Bautista, este sopra e Herodías/Salomé sae voando.

Un dos primeiros en abordar o tema en Hispanoamérica foi Julián del Casal, un dos fundadores do modernismo, que escribiu o soneto "Salomé".

Outro poeta modernista Rubén Darío fai referencia a Herodías e a súa filla nun dos seus poemas máis coñecidos. O portugués Eugenio de Castro crea unha obra poética co nome de "Salomé e outros poemas".

Ademais na obra "Aunque me lavase con agua de nieve" da escritora chilena Diamela Eltit preséntase un caso de intertextualidade aludindo a este personaxe.

Gustave Flaubert dedícalle o relato Herodías, que narra a historia do Rei que a petición de Salomé, trae a cabeza de Xoán o Bautista nunha bandexa de prata.

Teatro

editar

O dramaturgo arxentino Mauricio Kartún estreou en 2011 a excepcional obra Salomé de chacra, que en 2013 deu orixe a un documental: Kartún, el año de Salomé.

Ópera

editar
Artigo principal: Salomé (ópera).

A obra de Wilde, na súa tradución alemá, foi convertida en ópera por Richard Strauss. A obra de Strauss forma parte do repertorio operístico habitual, e é hoxe máis coñecida que a propia obra de Wilde. Estreouse en Dresden en 1905, e é famosa pola pasaxe da Danza dos sete veos.

Cinema

editar

A historia de Salomé foi levada ao cinema en varias ocasións. Destacan as seguintes películas:

Brigid Bazlen encarnou a Salomé na película de 1961 Rey de Reyes; Isabel Mestres, na miniserie de 1977 Jesús de Nazareth.

Música

editar

En 1997 o ex-vocalista de Héroes del Silencio Enrique Bunbury lanzou no seu primeiro álbum solista denominado Radical Sonora a canción Salomé na que un escravo da princesa lle recita un poema. Tamén o cantante Visual-Kei Kaya, lanzou o 20 de xuño de 2012 un sinxelo coa temática de Salomé. O sinxelo confórmase principalmente de dúas cancións chamadas Salomé e Babylon. Kaya tamén lanzou un adianto do seu próximo vídeo oficial da canción Salomé, cuxo vídeo ten a mesma temática. O vídeo atópase en youtube baixo o nome de: "Kaya New Single "SALOME" 2012.6.20 Release!".

Tamén dáse o caso de Pete Doherty, o carismático cantante británico, líder de The Libertines, e dos Babyshambles, o cal titulou unha das cancións do seu primeiro álbum en solitario, Grace Wastelands, como Salomé, contando a historia de Salomé, dunha forma poética e melódica.

Tamén a banda de Metal Alemá "Xandria" lanzou un álbum conceptual no ano 2007, baseado en Salomé.

A banda de Technical Death Metal Cryptopsy lanzou un álbum en 1996 titulado Non Xo Vile, en cuxo álbum usaron unha pintura de Salomé coa cabeza de Xoán o Bautista en bandexa de prata.

A banda estadounidense The Smashing Pumpkins representa a danza de Salome no videoclip Caseta Inside your love do álbum Machina/the machines of god.

  1. Biblia de Jerusalén: 1323, n.14.3; 1681. Bilbao: Desclée de Brower, 1971.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2