Samoa Airways
Samoa Airways, anteriormente Polynesian Airlines, é a aeroliña nacional de Samoa. A compañía fundouse no ano 1959 co nome de Polynesian Airlines, proporrcionando voos domésticos e internacionais a través do Pacífico Sur. As operación internacional suspendéronse temporalmente en 2005 e comezaron a ser operados pola nova aeroliña Polynesian Blue (posteriormente Virgin Samoa), antes de ser reanudadas baixo o novo nome da compañía, Samoa Airways, a finais de 2017.
Samoa Airways | ||
---|---|---|
IATA OL | OACI PAO | Indicativo POLYNESIAN |
Fundación | 1959 (como Polynesian Airlines) | |
Aeroporto principal | aeroporto de Faleolo | |
Frota | 4 | |
Destinos | 7 | |
Holding | Goberno de Samoa | |
Páxina web: https://samoaairways.com/ |
Samoa Airways é na súa totalidade propiedade do goberno de Samoa e está baseada na súa capital, Apia. A súa sede está no edificio Samoa National Provident Fund en Beach Road e o seu principal centro de conexións é o aeroporto de Faleolo. A día de hoxe a compañía opera voos de curto alcance dentro de Samoa e da Samoa Americana, e voos de longo alcance cara Australia e Nova Zelandia.
Frota
editarEn agosto de 2007 a frota de Samoa Airways estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-800 | 1 | — | 8 | 162 | 170 | Operado por Neos[2] |
De Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter | 3 | — | — | 19 | 19 | |
Total | 4 | — |
Notas
editar- ↑ "Global Airline Guide 2017 (Part Two)". Airliner World (Novembro de 2017): 30.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Samoa Airways eyes B737 MAX equipment down the line". Consultado o 16 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samoa Airways |
Ligazóns externas
editar- Páxina web da aeroliña Arquivado 08 de maio de 2022 en Wayback Machine.