Sampiro
Sampiro, nado en Igrexa do Campo (O Bierzo), ou segundo outras fontes na Zamora[1], cara ao 956 e finado en Astorga no 1041, foi un clérigo e político do reino de León, un dos primeiros cronistas de nome coñecido. Posiblemente houbo personalidades contemporáneas á súa co mesmo nome[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 956 (Gregoriano) Zamora, España |
Morte | 1041 (84/85 anos) |
Bispo de Astorga | |
1034 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político, presbítero, cronista, historiador |
Traxectoria
editarPosiblemente naceu na localidade leonesa de Igrexa do Campo (preto de Cacabelos no Bierzo, ás veces confundida con Sorribas por ser na época considerada parte desa localidade[3]. Algún autor considera, analizando a documentación histórica, que puido nacer en Toro.[4]
Ingresou nun mosteiro, non se sabe se no de Sahagún ou no de San Miguel de Camarzana. Ante o perigo dos ataques musulmáns fuxiu a Zamora e posteriormente estableceuse na corte de León.
A súa crónica, que continúa as de Afonso III de Asturias, recompila os feitos que considerou máis relevantes entre 866 e o 982, en que se interrompe. Notario do rei Vermudo II (984-999), describiuno en termos eloxiosos: foi bastante prudente, confirmou as leis ditadas por Wamba, mandou abrir e estudar a colección canónica, amou a misericordia e o xuízo e procurou reprobar o mal e escoller o ben[5]. Cando o bispo Paio, que lle gardaba bastante rencor, reiniciou a recompilación cronística, substituíu eses eloxios de Sampiro por descricións máis crueis (como o alcume de gotoso co que pasou á Historia).
Despois Sampiro ocupou o cargo de mordomo (posto político de máxima confianza na Corte) con Afonso V (999-1028). Chegou a ser bispo de Astorga desde 1035[1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Breve biografía
- ↑ Pérez de Urbel, op. cit.
- ↑ in terminum de Subripa quae est villa Sampiri, texto do Privilexio de Ordoño II a Carracedo (995, Yepes V, apéndice XXIX páx. 448). O tema trátase en López Valle, op. cit.. O erro de localización aparece en obras como a de Alonso op. cit. e Tomé op. cit.
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel. "¿Sampiro toresano?". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ "La pesadilla de Vermudo, Almanzor" Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., artigo no Diario de León (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pérez de Urbel, J.: Sampiro: su crónica y la monarquía leonesa en el siglo X. Madrid, 1952. Diana artes gráficas.
- Casado, M.: Historia de El Bierzo: "Algunos personajes bercianos. Sampiro". 1994, Instituto de Estudios Bercianos. ISBN 84-88635-02-8.
- López Valle, M.: Castro Bergidum. El Mayor Asentamiento Castreño Berciano. Ponferrada, 2004. Imprenta Grama. ISBN 978-84-88635-42-6.
- Alonso, H.: El Bierzo, todos los pueblos, rutas y caminos. Ponferrada, 1999. ISBN 84-605-9354-1
- Tomé, J. e outros: Las Edades del Bierzo. León, 2007. Diario de León.
Predecesor: Pedro |
Bispo de Astorga 1034 – 1041 |
Sucesor: Pedro Gundulfiz |