Sant Martí d'Empúries
Sant Martí d'Empúries é unha entidade de poboación do concello de L'Escala, na provincia de Xirona, en Cataluña.
Atópase xunto ás ruínas de Empúries. É de carácter medieval e entre os séculos IX e XI foi a capital do Condado de Empúries ata que en 1078 se trasladou a Castelló d'Empúries, lugar menos exposto aos ataques. O seu conxunto histórico está declarado ben cultural de interese nacional.
Tiña en 2011 unha poboación de 143 habitantes.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Martí d'Empúries |