Sant Sadurní d'Anoia
Sant Sadurní d'Anoia é un municipio español da comarca do Alt Penedès, na provincia de Barcelona, Cataluña.
Epónimo | Sadurniño de Tolosa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Comarca | Alt Penedès | ||||
Capital | Sant Sadurní d'Anoia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.945 (2023) (681,32 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 30 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19 km² | ||||
Bañado por | Anoia (en) e riera de Lavernó (en) | ||||
Altitude | 162 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pere Vernet Caldu (en) (2023–) | ||||
Orzamento | 17.268.320 € (2024) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08770 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08240 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082401 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santsadurni.cat |
Toponimia
editarO termo Sadurní procede do antropónimo latino Saturninus, diminutivo de Saturnus 'Saturno'. O predicado ao río Anoia, do latín amnucula 'regato'.
Xeografía
editarPertence á comarca do Alt Penedès e linda cos termos municipais de Piera e Sant Llorenç d'Hortons ao norte, Gelida ao leste, Subirats ao leste e sur, e Torrelavit ao oeste, todos de Barcelona. O termo contén os núcleos rurais de Can Benet de la Prua, Can Catassús, Espiells e Monistrol d'Anoia.
Historia
editarAs súas orixes están na antiga parroquia de Sant Sadurní de Subirats documentada en 1080. A súa situación privilexiada respecto ao resto de parroquias da zona, aceleraron a súa prosperidade conseguindo ser municipio independente en 1764, momento no que adquire o seu nome actual.
Aínda que o cultivo da viña é anterior, será no século XVIII cando empece a desenvolverse grazas á demanda do mercado americano. Durante os anos 1869 e 1880 vivirase o momento de maior crecemento debido á praga da filoxera que sufrían os viñedos franceses. Desgraciadamente, en 1887, a praga tamén chegaría a San Sadurní arruinando viñas e a economía da poboación. Con todo, campesiños e arrendadores, baixo a dirección de sete propietarios locais, que posteriormente serían alcumados como "os sete sabios de Grecia", emprenderon a ardua tarefa de loitar contra a filoxera. Deste xeito o municipio convértese no principal núcleo catalán na loita contra a praga. Comezouse a replantar as viñas con pés de cepa americana, inmunes á praga, e aos poucos a produción foi crecendo ata chegar aos nosos días nos que San Sadurní é o principal produtor de cava do país.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.671 | 4.198 | 4.168 | 7.074 | 8.591 | 9.539 | 11.909 |
Monumentos
editar- Ermida de Sant Benet d'Espiells: entre os séculos X e XI de estilo prerrománico.
- Casa Consistorial.
- Fonte do Mingo.
- Antigo Hospital.
Festas
editar- Do 1 ao 16 de setembro: Fires i Festes, onde destacan a "Festa da Fil·loxera", en recordo da temible praga, a Festa dels Barris" e a "Festa Major".
- Doutra banda, a primeira fin de semana de outubro celébrase o chamado "Cavatast". Este evento reúne todas as empresas da denominación do cava, así como outras empresas relacionadas coa gastronomía, nunha verdadeira feira. Toda a céntrica Rambla de la Generalitat prepárase para o evento, onde cada cavista ofrece unha copa de cava no seu posto (caseta) aos visitantes a cambio dun tícket, que compran previamente. Desta forma, inténtase promover a degustación da incriblemente variada oferta de cava, ademais de embutidos, chocolate e outros aperitivos. Os visitantes gozan tamén dunha oferta lúdica extraordinaria.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Sadurní d'Anoia |