Santa Fe, Arxentina

Santa Fe de la Vera Cruz é a capital da Provincia de Santa Fe e a novena cidade máis poboada da Arxentina. Está situada na rexión centro-leste do país, a beiras da lagoa Setúbal, do río Santa Fe e do río Salado.

Modelo:Xeografía políticaSanta Fe, Arxentina
Santa Fe de la Vera Cruz (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°38′S 60°42′O / -31.63, -60.7
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Santa Fe
Departamento da Argentina (pt) TraducirLa Capital (departamento de Santa Fé) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación405.683 (2016) Editar o valor en Wikidata (1.513,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie268 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m-21 m Editar o valor en Wikidata
Creación15 de novembro de 1573 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoCabinet of Santa Fe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Mayor of Santa Fe (en) Traducir Editar o valor en WikidataJosé Manuel Corral (en) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoDeliberative Council of Santa Fe (en) Traducir , (Escano: 17) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalS3000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0342 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Mondragón
Rosolini (pt) Traducir
Santa Fe Springs (pt) Traducir (1960–)
Ypacaraí (pt) Traducir (1978–)
Santa Fe (1981–)
Tetuán (1987–)
Afula (pt) Traducir (1994–)
Montevideo (1996–)
Encantado (pt) Traducir (1996–)
Callao (1997–)
Cuneo (pt) Traducir (1998–)
Cuba (1999–)
Canelones (2003–)
Junta de Villalba de Losa (2008–)
Distrito de Haidian (pt) Traducir (2009–)
Alegrete (2011–)
Medellín (2011–)
Beibei District (en) Traducir (2014–)
Braga (2017–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websantafeciudad.gov.ar Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452096

Esta rexión recibe unha marcada influencia climática do río Paraná. No verán predomina unha masa de aire tropical cálida e húmida con ventos persistentes desde o norte con altas temperaturas, mentres que no inverno unha masa de aire polar que produce arrefriamento e xeadas afecta a rexión. A temperatura media anual oscila entre os 17 °C e os 21 °C.[1]

Administrativamente está organizada en 8 distritos que a descentralizan en 100 barrios.[2] Segundo o censo de 2010 Santa Fe ten unha poboación de 415.345 habitantes, e a súa área metropolitana ascende a 526.073 habitantes.[3] Xunto ao Gran Paraná conforma unha área urbana de máis de 850.000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río Paraná.

Por parte da educación, Santa Fe é un polo educativo na Arxentina. Unha das súas universidades máis recoñecidas é a Universidade Nacional do Litoral.

Santa Fe foi fundada por Juan de Garay o 15 de novembro de 1573 na área da actual Cayastá, mais ao non encontrarse nun bo lugar polos constantes ataques dos indíxenas, as pragas de lagostas e as inundacións, foi trasladada á súa localización actual o 21 de abril de 1649.[4]

En Santa Fe ocorreron feitos de relevancia histórica, como a sinatura da Constitución Arxentina e todas as súas reformas.

A Ponte colgante de Santa Fe é un importante símbolo da cidade.

  1. Welcome Argentina (ed.). "Santa Fe" (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  2. Municipalidade de Santa Fe (ed.). "Distritos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  3. INDEC (2010). "Provincia de Santa Fe por departamento. Total de población. Año 2010" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  4. Muncipalidade de Santa Fe (ed.). "Historia" (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  NODES
admin 1
todo 1