Saraxevo

capital de Bosnia e Hercegovina

Saraievo[1][2][3], Saraxevo,[4][5][6] ou Sarajevo[7][8] (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. En 2013 a súa poboación era de 275.524 persoas (555.210 coa área metropolitana), o 80,74% bosníacos, o 4,94% croatas e o 3,78% serbios.

Modelo:Xeografía políticaSaraxevo
Sarajevo (bs)
Sarajevo (hr)
Сарајево (sr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°51′23″N 18°24′47″L / 43.8564, 18.4131
EstadoBosnia e Hercegovina
Entidade territorial administrativaFederación de Bosnia e Hercegovina
CantónSarajevo Canton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación275.524 (2013) Editar o valor en Wikidata (1.947,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie141,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Miljacka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude527 m-518 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1462 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoBenjamina Karić (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal71000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico033 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (2022–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websarajevo.ba Editar o valor en Wikidata
Facebook: 101865206521573 BNE: XX453580 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Saraievo foi fundada polos otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697, nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia, a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da primeira guerra mundial, logo da guerra Saraxevo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala segunda guerra mundial, Saraievo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraievo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.

  1. Saraievo en Fernández, B. (dir.); et al. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1307. ISBN 84-8288-752-1. 
  2. Saraievo en Santa María, I. e Massó, N. (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 137 C3. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  3. Saraievo en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). pp. 174–186. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 05 de novembro de 2016. 
  4. Saraxevo en Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1892. 
  5. Saraxevo en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  6. Saraxevo en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. UVIGO ISBN 84-8158-266-2.
  7. Sarajevo en Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 18. ISBN 84-7680-429-6. 
  8. Sarajevo en Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 206. ISBN 84-7680-288-9. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 1