Sarxento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Sarxento[1][2] (sarx.[3] ou Sxto.) é un grao militar intermedio entre as clases de tropa e a oficialidade, que pertence, segundo o país e exército, a estas mesmas clases de tropa ou a unha escala denominada suboficiais.
Algúns corpos de policía e forzas de seguridade tamén adoptaron este grao, como cadros de mando intermedio.
Como grao militar atópase por vez primeira nos antigos sarxentos maiores dos Terzos Españois de Infantaría.
Na actualidade, as funcións do sarxento, como chanzo intermedio entre os oficiais e a tropa, adoitan consistir na instrución, o adestramento, a coordinación e a supervisión dos efectivos subordinados ao seu cargo, e ámbitos tanto instrutivos como operativos ou técnicos, asumindo o mando e liderado de unidades desde o pelotón ata a sección. Ademais, é o principal responsable da disciplina destes ante os seus superiores, e o primeiro elemento da cadea de mando ante quen pode o soldado buscar consello ou mostrar inquietudes persoais.
Orixe da palabra
editarA orixe desta palabra é anterior ao nacemento do Imperio Romano. Denominábase así a aqueles soldados que demostraban vigor, valor, astucia, destreza e axilidade, así como disciplina, dedicación, ética, doutrina e demais calidades que enmarcan o suposto ideal dun militar. Na antiga Grecia denominaban con este nome aqueles guerreiros que non posuían un status na realeza para alcanzar os graos de oficiais, pero pola súa gran capacidade coas armas obtiñan estes graos e continuaban o seu servizo militar baixo as ordes dos seus señores. A palabra sarxento provén do latín "sagaciter" in proelii e do grego akríveia "ston pólemo": certeiro no combate, do grego impera-tor: señor da guerra. No ano 1181, na antiga Francia, raíces destes grandes oficiais de status medio foron alcanzando renome, segundo a historia dos sarxentos mariscais, a que hoxe envolve a Garda Francesa e a Garda Civil Española.
España
editarNo Exército de Terra, no Exército do Aire e na Armada é o primeiro emprego dentro das escalas de suboficiais, e obtense tras a superación dun plan de estudos repartido en tres cursos impartidos en distintas academias ou escolas militares. Tamén se usa na Garda Civil. Na xerarquía militar atópase entre o de cabo maior e o de sarxento primeiro. As funcións do sarxento varían dependendo das ordes do seu oficial, pero normalmente encárganse do adestramento e a avaliación da tropa. Asemade, dirixen operacións de asalto ou defensa en grupos pequenos como é o pelotón, polo xeral entre 10 e 12 membros, divididos en dúas escuadras duns seis elementos. Un exemplo de pelotón xenérico é: un sarxento xefe de pelotón, dous cabos xefes das súas respectivas escuadras e os seus tres ou catro soldados polas devanditas escuadras. Hoxe en día o traballo dun sarxento e o dun sarxento primeiro é moi similar, por non dicir o mesmo. É logo de ascendido a brigada cando se pode especializar na súa rama, que xa tiña sendo sarxento, ou pasar a realizar tarefas administrativas, facendo un curso de adaptación.
-
Divisa de sarxento do Exército de Terra.
-
Divisa de sarxento da Armada.
-
Divisa de sarxento da Infantería de Mariña.
-
Divisa de sarxento do Exército do Aire.
-
Divisa de sarxento da Garda Civil.
Historia
editarAo longo da historia existiron varios empregos de Sarxento:
- Sarxento xeneral de batalla. Emprego da milicia antiga, que equivalía a tenente xeneral e era o inmediato subalterno do mestre de campo xeneral, cuxas funcións corresponden ás que executan os xefes de estado maior.
- Sarxento maior. Oficial encargado da instrución e disciplina dun rexemento, do que era xefe superior aos capitáns: exercía as funcións de fiscal e interviña en todos os ramos económicos e na distribución de caudais. Este emprego suprimiuse na milicia española.
- Sarxento maior de brigada. Anteriormente érao o máis antigo dos corpos que a compoñían, tomaba as ordes do maior xeneral do exército, comunicáballas ao brigadier e, coas deste, distribuíaas aos outros sarxentos maiores.
- Sarxento maior da praza. Maior de praza.
- Sarxento maior de provincia. Emprego que só existiu en América e mandaba na parte militar despois do gobernador e tenente de rei.
- Sarxento nobre. Na milicia antiga feudal, o sarxento nobre era unha persoa que tiña nobreza e terras ás que estaba adicto este encargo: a súa obrigación era reunir os vasalos ao publicarse o bando ou chamamento do seu señor e presentarllos a este, se tomaba o mando ou ao seu axudante ou encargado de reunir a forza armada dos seus estados baixo a súa bandeira.[4]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sarxento.
- ↑ Entrada de "sarxento" no Digalego.gal
- ↑ Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.
- ↑ Diccionario militar español-francés, Federico Moretti, 1828