Sean Connery

actor e produtor de cinema escocés (1930–2020)

Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020,[1] foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.[2][3][4]

Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Sean Connery

(1983) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Sean Connery Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1930 Editar o valor en Wikidata
Fountainbridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 2020 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Lyford Cay, Bahamas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria
Fibrilación auricular Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLyford Cay (en) Traducir
Marbella
Kranidi (en) Traducir
Domaine de Terre Blanche (en) Traducir
Edimburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTollcross Primary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,89 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónleiteiro (1944–1950), actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe, futbolista, guionista, produtor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, actor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSt. Cuthbert's Co-operative Society (en) Traducir (1944–1950) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Escocés Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariñeiro preferente Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
Culturismo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMicheline Roquebrune (1975–2020), morte da persoa
Diane Cilento (1962–1973), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJason Connery
 () Diane Cilento Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Connery Editar o valor en Wikidata  e Euphemia McLean Editar o valor en Wikidata
IrmánsNeil Connery Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webseanconnery.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000125 Allocine: 1541 Rottentomatoes: celebrity/sean_connery Allmovie: p10646 139104 Metacritic: person/sean-connery TV.com: people/sean-connery IBDB: 23802
BNE: XX1059081 iTunes: 63770 Last fm: Sean+Connery Musicbrainz: f33200c9-7d8c-4918-9a19-12ff974d4e51 Discogs: 548959 Allmusic: mn0001324530 WikiTree: Connery-17 Find a Grave: 217867318 Deezer: 4574155 Genius: Sean-connery Editar o valor en Wikidata

Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000). Connery retirouse da actuación no ano 2006. Entre os seus galardóns cóntanse un Óscar ó mellor actor secundario, dous premios BAFTA e tres Globos de Ouro (entre eles un premio Cecil B. DeMille e un premio Henrietta). Nos Estados Unidos, recibiu o premio á traxectoria Kennedy Center Honor en 1999. Connery foi nomeado cabaleiro no 2000 polos seus servizos ao cinema dramático.[5]

Connery foi considerado por unha enquisa de 2004 de The Sunday Herald como "O máis grande escocés vivo",[6] e en 2011, unha enquisa de Euromillóns considerouno o "O maior tesouro nacional vivo de Escocia".[7] Foi escollido pola revista People como o "home vivo máis sexy" en 1989 e o "home máis sexy do século" en 1999.[8]

Traxectoria

editar

Nacemento e mocidade

editar
 
Placa de Sean Connery preto do sitio do seu nacemento de Fountainbridge, en Edimburgo.

Thomas Sean Connery, chamado Thomas polo seu avó, naceu en Edimburgo, no barrio industrial de Fountainbridge, o 25 de agosto de 1930. A súa nai, Euphemia "Effie" McBain McLean, era unha limpadora. Era filla de Neil McLean e Helen Forbes Ross, e foi chamada así pola súa avoa, Euphemia McBain, muller de John McLean e filla de William McBain de Ceres en Fife.[9][10][11] O pai de Connery, Joseph Connery, era un traballador nunha fábrica e un camioneiro.[12][13]

Os seus bisavós paternos emigraron a Escocia dende Irlanda a mediados do século XIX.[14] O resto da súa familia era de ascendencia escocesa, e os seus bisavós maternos eran falantes de lingua escocesa orixinarios de Fife (infrecuente para os falantes desa lingua), e Uig, en Skye.[15][16] O seu pai era católico e a súa nai era protestante. Tivo un irmán máis novo, Neil. Segundo el mesmo declarou, chámaselle polo seu segundo nome, Sean, desde moito antes de converterse en actor, debido a que tiña un amigo irlandés de nome Séamus e os que os coñecían a ambos decidiron chamalo así cando estaba con el, e quedoulle. Na súa mocidade era xeralmente chamado "Tommy".[17]

O seu primeiro traballo foi como repartidor de leite na Sociedade Cooperativa de St. Cuthbert. Posteriormente, alistouse na Mariña pero por breve tempo, pois como consecuencia dunhas úlceras axiña regresou á vida civil. Retornou brevemente á Cooperativa e pasou despois por varios empregos diferentes, entre eles condutor de camión, peón de granxa, modelo artístico no "Edinburgh College of Art" e salvavidas.

Baixo o nome de Thom Connery, acadou o terceiro posto na categoría de homes altos da edición de 1953 do concursos de Mr. Universo. Outro competidor, Johnny Isaacs, suxeriulle que se presentase para a produción musical de Ó sur do pacífico, o que lle permitiría traballar na escena, televisión e, eventualmente, no cine. Como levantador de pesos, o seu alias era "Big Tam".

Desde a súa mocidade foi simpatizante do SNP, o Partido Nacional Escocés, manifestándose en reiteradas ocasións partidario da independencia política de Escocia.[18]

Cinema

editar

A súa oportunidade chegaría en 1962, cando se buscaba a quen puidese interpretar a un axente do servizo secreto inglés baseado nas novelas de Ian Fleming, James Bond. Debido ás súas calidades, Connery foi o elixido como James Bond, axente 007 para a película o Dr. No onde actuou xunto a outra actriz emerxente, Ursula Andress.

Despois participou en varias películas da mesma saga entre 1962 e 1983,[19] cando xa cansado do personaxe e decidido a non encasillarse para sempre no rol de James Bond, cedeu o seu lugar a George Lazenby, quen só durou no papel unha película, dando lugar a Connery para que protagonizase Diamantes para a eternidade.

Logo desta película cedeu o lugar ao actor emerxente, Roger Moore. Aínda que o estigma de Bond seguiu ao longo do tempo a Connery, traballou arduamente para desencasillarse e interpretou variados papeis completamente diferentes con grande éxito, podendo xa a mediados dos noventa ser recoñecido como un actor moi versátil e distinto ao personaxe que lle deu fama.

O goberno británico concedeu a Connery o título nobiliario de Sir e todos os seus privilexios debido á consideración de que o personaxe que o interpretou capturou a esencia inglesa e proxectouna cara ó mundo.

En 2005 prestou a súa voz para ser James Bond no videoxogo desenvolvido por Electronic Arts, Desde Rusia con amor, baseado na película Bond que o protagonizou hai máis de catro décadas. En 2006 anunciou formalmente que se retira da actuación.

Sir Sean Connery foi nomeado cabaleiro pola a Raíña Isabel II do Reino Unido en xullo de 2000.

Saúde

editar

En 1993 chegaban noticias de que Connery era sometido a tratamento por radiación para unha doenza de gorxa sen revelar. Reportaxes xornalísticas espertaban sospeitas que o actor sufría de cancro, e falsamente foi declarado morto por axencias de noticias xaponesas e surafricanas. Connery inmediatamente apareceu no Show de David Letterman negando estas versións. Nunha entrevista de febreiro de 1995 co Entertainment Weekly, el especificou que o tratamento por radiación fora para quitar "nódulos" das súas cordas vocais. En 2003 opérase de cataratas en ambos os dous ollos. O 12 de marzo de 2006, sofre unha extirpación dun tumor benigno de ril nese mes.

Connery morreu mentres durmía o 31 de outubro de 2020, con 90 anos, no seu fogar en Nassau nas Bahamas.[2][3] A súa morte foi anunciada pola súa familia e Eon Productions ese mesmo día.[20] O seu fillo declarou que "levaba tempo sen sentirse ben".[20][21]

Filmografía

editar

Cinema

editar
 
1964
 
1988
Ano Título Papel Notas
1954 Lilacs in the Spring Descoñecido Sen acreditar
1957 No Road Back Spike
Hell Drivers Johnny Kates
Action of the Tiger Mike
Time Lock 2nd Welder
1958 Another Time, Another Place Mark Trevor
1959 Darby O'Gill and the Little People Michael McBride
Tarzan's Greatest Adventure O'Bannion
1961 On the Fiddle Pedlar Pascoe
The Frightened City Paddy Damion
1962 The Longest Day Pte. Flanagan
007 contra o doutor No James Bond
1963 Desde Rusia con amor
1964 James Bond contra Goldfinger
Marnie Mark Rutland
Woman of Straw Anthony Richmond
1965 The Hill Joe Roberts
Thunderball James Bond
1966 Un monde nouveau El mesmo Cameo
A Fine Madness Samson Shillitoe
1967 Só se vive dúas veces James Bond
The Bowler and the Bunnet El mesmo Documental; tamén director
1968 Shalako Shalako
1969 The Red Tent Roald Amundsen
1970 The Molly Maguires Jack Kehoe
1971 The Anderson Tapes Duke Anderson
Diamantes para a eternidade James Bond
1972 España campo de golf El mesmo Curtametraxe
A ofensa Detective Sarxento Johnson
1974 Zardoz Zed
Asasinato no Orient Express Coronel Arbuthnot
Ransom Nils Tahlvik
1975 The Dream Factory El mesmo Documental
The Wind and the Lion Mulai Ahmed er Raisuni
O home que puido reinar Daniel Dravot
1976 Robin and Marian Robin Hood
The Next Man Khalil Abdul-Muhsen
1977 A Bridge Too Far Xeneral Roy Urquhart
1979 The First Great Train Robbery Edward Pierce
Meteor Dr Paul Bradley
Cuba Robert Dapes
1981 Atmosfera cero Marshal William T. O'Niel
Os heroes do tempo Agamenón
1982 G'olé! Narrador Documental
Five Days One Summer Douglas Meredith
Wrong Is Right Patrick Hale
1983 Sean Connery's Edinburgh El mesmo Curtametraxe documental
007: Nunca digas endexamais James Bond
1984 Sword of the Valiant Cabaleiro Verde
1986 Highlander Juan Sánchez Villa-Lobos Ramírez
O nome da rosa William of Baskerville
1987 Os intocables de Eliot Ness Jim Malone
1988 The Presidio Tenente Coronel Alan Caldwell
Memories of Me El mesmo Cameo sen acreditar
1989 Indiana Jones e a última cruzada Henry Jones, Sr.
Family Business Jessie McMullen
1990 The Hunt for Red October Capitán Marko Ramius
The Russia House Barley Blair
1991 Os inmortais II Juan Sánchez Villa-Lobos Ramírez
Robin Hood, príncipe dos ladróns Ricardo I de Inglaterra Cameo sen acreditar
1992 Medicine Man Dr. Robert Campbell
1993 Rising Sun Capitán John Connor Tamén produtor executivo
1994 A Good Man in Africa Dr. Alex Murray
1995 Just Cause Paul Armstrong Tamén produtor executivo
First Knight Rei Artur
1996 Dragonheart Draco Voz[22]
The Rock John Patrick Mason Tamén produtor executivo
1998 The Avengers Sir August de Wynter
Playing by Heart Paul
1999 Entrapment Robert MacDougal Tamén produtor
2000 Finding Forrester William Forrester Tamén produtor
2003 The League of Extraordinary Gentlemen Allan Quatermain Tamén produtor executivo
2012 Sir Billi Sir Billi Voz
Tamén produtor executivo[23][22]
Ever to Excel Narrador Documental[24][25] Derradeiro filme

Televisión

editar
Ano Título Papel Notas
1956 Dixon of Dock Green Joe Brasted Episodio: Ladies of the Manor
The Condemned Performer Telefilme
Sailor of Fortune Achmed Episodio: The Crescent and the Star
1957 The Jack Benny Program Porter Episodio: Jack Hires Opera Singer in Rome
Blood Money Harlan McClintok Telefilme
BBC Sunday Night Theatre Mountain McClintok Episodio: Requiem for a Heavyweight
ITV Television Playhouse Mat Burke Episodio: Anna Christie
1958 Women in Love Johnnie Telefilme
Armchair Theatre Performer Episodio: The Boy with Meat Axe
1959 The Magical World of Disney Michael MacBride Episodio: I Captured the King of the Leprechauns
1959-60 ITV Play of the Week Varios papeis 4 episodios
1960 BBC Sunday Night Theatre Julien Episodio: Colembe
An Age of Kings Harry Percy 5 episodios
Without the Grail Innes Corrie Telefilme
Macbeth Macbeth Telefilme
1961 Adventure Story Alexander Telefilme
Anna Karenina Alexis Vronsky Telefilme
1969 Male of the Species MacNeil Telefilme
BBC Sunday Night Theatre MacNeil MacNeil
2003 Freedom: A History of US John Muir Episodio: Yearning to Breathe Free

Teatro

editar
Ano Título Papel Notas
1998 Art Produtor Royale Theatre, Broadway

Videoxogos

editar
Ano Título Papel Notas
2005 James Bond 007: From Russia with Love James Bond Aparencia e voz de James Bond

Galardóns e nomeamentos

editar
Ano Premio Categoría Proxecto Resultado Referencia
1987 Premios Óscar Óscar ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness Gañador [26]
1987 Premios BAFTA BAFTA ó mellor actor O nome da rosa Gañador [27]
BAFTA ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness Nomeado [28]
1989 Indiana Jones e a última cruzada Nomeado [29]
1990 BAFTA ó mellor actor The Hunt for Red October Nomeado [30]
1998 BAFTA Fellowship Gañador [29]
1965 Globos de Ouro World Film Favorite (masculino) - Premio Henrietta Nomeado
1968 Nomeado
1971 Gañador
1987 Globo de Ouro ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness Gañador
1989 Indiana Jones e a última cruzada Nomeado
1995 Premio Cecil B. DeMille Gañador

Honras

  • 1987: "Commandeur" das Artes e das Letras. Francia.
  • 1995: Globo de Ouro: premio Cecil B. DeMille, a toda a súa carreira.
  • 1997: homenaxe do "Lincoln Center" (EUA).
  • 1998: Academia Británica. Premio "Felowship" (compañeiro).
  • 1999: premio "Centro Kennedy" á súa carreira pola súa contribución á arte e a cultura. Presentado polo Presidente Clinton.
  • 2000: nomeado (Sir) pola raíña Isabel de Inglaterra.
  • 2001: Festival de cine de Palm Springs (USA): premio a toda a súa carreira.
  • 2005: Premio do Cinema Europeo a toda a súa carreira.
  • 2006: Premio AFI a toda a súa carreira
  1. EFE (31 de outubro de 2020). "Muere a los 90 años el actor Sean Connery". elprogreso.es/ (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Harmetz, Aljean (31 de outubro de 2020). The New York Times, ed. "Sean Connery, Who Embodied James Bond and More, Dies at 90". Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Shapiro, T. Rees (31 de outubro de 2020). The Washington Post, ed. "Sean Connery, first James Bond of film, dies at 90". Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  4. BBC News, ed. (12 de marzo de 2006). "Profile: Sean Connery". Consultado o 19 de marzo de 2007. 
  5. "Sir Sean's pride at knighthood". BBC. Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  6. Flockhart, Susan (25 de xaneiro de 2004). "Would The Greatest Living Scot Please Stand Up?; Here they are". Sunday Herald. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2016 – vía HighBeam Research. 
  7. STV News, ed. (25 de novembro de 2011). "Sir Sean Connery named Scotland's greatest living treasure". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  8. "Sexy Celebrity Pictures". CBS News. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  9. 'Scottish Roots' Biography of Sean Connery Arquivado 09 de xullo de 2019 en Wayback Machine.
  10. Family Tree posted on Geneanet
  11. Familyrelatives.com Case Study 1 Arquivado 25 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. Sean Connery James Bond
  12. Advameg, Inc. (ed.). "Sean Connery Biography". Film Reference. Consultado o 29 de setembro de 2007. 
  13. "Case Study 1 – Sean Connery – James Bond". Familyrelatives.com. Treequest Limited. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  14. Yule 1992, p. 1.
  15. Connery, Sean; Grigor, Murray (2009). Being a Scot. Phoenix Illustrated. 
  16. "Scottish Genealogy Scottish Ancestry Family Tree Scottish Genealogists". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2013. 
  17. Yule 1992, p. 8.
  18. Seenan, Gerard (27-04-1999). "Connery goes on the SNP offensive". theguardian.com (en inglés). Consultado o 02-12-2018. 
  19. "Profile: Sir Sean Connery". bbc.co. 12-03-2006. Consultado o 02-12-2018. 
  20. 20,0 20,1 BBC News, ed. (31 de outubro de 2020). "Sean Connery: James Bond actor dies aged 90" (en inglés). Consultado o 31 de outubro 2020. 
  21. BBC News, ed. (31 de outubro de 2020). "Obituary: Sir Sean Connery" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  22. 22,0 22,1 "Sean Connery en Behind the Voice Actors". Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  23. A. Fernandez, Jay (19 de marzo de 2012). "Sean Connery Animated Adventure 'Sir Billi' to Premiere at Sonoma Film Festival". The Hollywood Reporter. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  24. "Sean Connery tells the story of St Andrews". news.st-andrews.ac.uk (en inglés). 2012-05-12. Consultado o 2020-02-18. 
  25. "Ever to Excel". Consultado o 2020-02-18. 
  26. Cieply, Michael (12 de abril de 1988). "Last Emperor Reigns Over Oscar Ceremonies : Best Picture Winner Adds Eight Other Awards; Cher and Douglas Take Top Prizes for Acting". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  27. "1988 BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  28. "1988 Film Actor in a Supporting Role | BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  29. 29,0 29,1 "Film in 1990 | BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  30. "BAFTA Awards". awards.bafta.org. Consultado o 31 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
eth 2
News 6
orte 9
see 1
Story 3
Todos 1