Segmentación semántica
A segmentación semántica consiste en dividir unha imaxe dixital en varias rexións (grupos de píxeles) chamados segmentos. Máis especificamente, a segmentación é un proceso de clasificación de píxeles que asigna unha categoría a cada píxel da imaxe analizada[1].
O obxectivo da segmentación é localizar rexións significativas. A segmentación úsase tanto para localizar obxectos como para atopar os seus bordos dentro dunha imaxe. O resultado de segmentar unha imaxe é un conxunto de segmentos que cobren toda a imaxe sen superpoñerse. Pode representarse como unha imaxe de etiqueta (unha etiqueta por cada píxel) ou como un conxunto de contornos.
Aplicacións da segmentación semántica
editarAlgunhas das aplicacións prácticas da segmentación de imaxes son:
- Detección de obxectos (rostros, persoas, animais etc.).
- Sistemas de control de tráfico.
- Videovixilancia.
As aplicacións da segmentación semántica son moitas e son clave para o desenvolvemento da intelixencia artificial. De xeito que cada día hai novos usos na segmentación de obxectos como parte da visión artificial[2].
Notas
editar- ↑ "Segmentación semántica". la.mathworks.com (en castelán). Consultado o 2021-02-01.
- ↑ Mullany, Lila (2020-10-01). "Computer Vision on the Edge". Medium (en inglés). Consultado o 2021-02-01.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Robotics, Machine Learning & Computer Vision Arquivado 04 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.