Separación de poderes

distribución das funcións do Estado entre as diferentes institucións deste

A separación de poderes, tamén coñecida coma división dos poderes, é un principio de distribución das distintas funcións do Estado, que se reparten entre as diferentes institucións deste. A separación de poderes apareceu por primeira vez na antiga Grecia. O obxectivo desta separación é ter institucións estatais que respecten as liberdades fundamentais dos individuos, é un elemento fundamental das democracias representativas actuais.

Charles de Montesquieu, que creou a teoría separación de poderes, falando dela no seu libro O Espírito das Leis.

A separación de poderes, teorizada principalmente por Locke e Montesquieu, defende a separación dos tres poderes do Estado:

Nalgúns sistemas hai máis división entre os poderes. Ademais dos tres citados antes, poden existir os seguintes:

  • Poder electoral
  • Poder prosecutorio
  • Comisión de servizos civís

A necesidade desta separación apareceu no artigo 16 da Declaración dos dereitos do home e do cidadán, o 26 de agosto de 1789 que afirma (aínda que sen concretar) :

Toda sociedade na que non se garanticen os dereitos das persoas, nin a separación de poderes, non ten nada de constitucional.[1]

Historia

editar

A separación de poderes (ou trias politica, en latín) , foi formulada por Montesquieu, que así mesmo tomou como base a descrición feita por escritores clásicos coma Polibio dos sistemas da república romana ou a democracia ateniense e a Revolución inglesa do século XVII. Montesquieu non foi o único en falar da separación política, xa que outros autores ilustrados, como Jean-Jacques Rousseau, ou como Alexander Hamilton, tamén trataron sobre este concepto.​​​​​ Montesquieu fala do "poder" tanto coma función como coma órgano.

O movemento da Ilustración defende que o Estado debe protexer ao home doutros homes. Para iso, o ser cidadán debe sacrificar a súa liberdade persoal co beneficio de non ser privado do seu dereito á vida, á integridade e á propiedade. Porén, o Estado non garantiza a defensa dos dereitos da persoa. De feito, en numerosas ocasións o Estado protexe, efectivamente, ao home doutros homes, mais non do propio Estado, que podería ter a liberdade de oprimir ao individuo. A separación de poderes tenta evitar iso.

No momento da súa formulación clásica,as funcións estatais consideradas como precisas para a protección do cidadán eran fundamentalmente a de dar as leis, poñelas en práctica e resolver conflitos que o Estado puidera ter. No Antigo Réxime, estas funcións recaían directamente sobre a figura despótica do rei.

Montesquieu especificou que "a independencia do poder xudicial ten que ser real, e non semellante meramente". "O Poder Xudicial foi xeralmente considerado coma o máis importante dos poderes, independente e sen control", e tamén perigoso.

Controis sobre a división dos poderes

editar

Para evitar que unha póla dos poderes se faga suprema e protexer a minoría da maioría, e viceversa, ademais de animar aos órganos do poder a cooperar, os sistemas de goberno que empregan a separación de poderes precisan un xeito de controlar estas tres divisións de poderes. Normalmente, isto é conseguido a través dun sistema de "comprobacións e contrapesos", que ten a súa orixe, ao igual que a teoría do trias politica, en Montesquieu. Isto permite un sistema no que unha das ramas de poder pode limitar a outra. Tanto os gobernos que dividen o poder en dúas como tres ramas aplican os principios da separación de poderes para permitir a cada parte controlar á outra de xeito recíproco.

  1. Artigo 16 da Declaración dos dereitos do home e do cidadán do 26 de agosto de 1789]].

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1