Setentrional é a posición orientada cara ó norte, tamén chamada ártico ou boreal. O nome procede do étimo en latín septemtrion, e polo tanto en contraposición ó meridional.

A etimoloxía desta verba latina non é clara. Dúas das posibles etimoloxías propostas son:

  • septem trion, "os sete bois", pois o Setestrelo era unha constelación que se movía moi lentamente debido á súa proximidade ó Polo Norte xeográfico;
  • septem teriones, debido a que están sobre os polos.
  NODES
todo 1