Sexismundo, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Sexismundo de Luxemburgo, nado en Núremberg o 15 de febreiro de 1368 e finado en Znaim o 9 de decembro de 1437, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1410 a 1437 e rei de Hungría e Bohemia, e derradeiro monarca da dinastía Luxemburgo.
Traxectoria
editarFoi o segundo fillo do emperador Carlos IV. Foi marqués de Brandeburgo desde 1378, ao suceder ao seu pai, ata 1388 cando renunciou a favor do seu curmán Jobst de Moravia. Logo da morte deste, en 1411, Sexismundo volveu converterse en marqués de Brandeburgo ata 1415, cando agasallou co territorio desta marca a Frederico I de Núremberg, dando lugar a que a familia dos Hohenzollern pasase a ser a máis importante de Alemaña.
Grazas ao seu casamento con María I de Hungría, Sexismundo ocupou o trono húngaro dende 1386. En 1396 fixo fronte aos turcos de Beyazid I que trataran de atacar o sur de Hungría pero as súas forzas foron derrotadas na Batalla de Nicopolis (actual Bulgaria) e o propio Sexismundo estivo a piques de ser capturado.
Contraeu un segundo matrimonio en 1406, con Barbara de Celje.
No ano 1410, falecido o emperador Roberto e tras unha complicada elección, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano. Os seus opoñentes foron Venceslau de Bohemia, que non aceptou a súa deposición como emperador dez anos antes de Jobst de Moravia, que resultou seleccionado pero faleceu poucos meses despois. Venceslau renunciou a favor de Sexismundo, permitíndolle ser recoñecido emperador de xeito unánime.
Sexismundo reinou dende 1419 en Bohemia, ao suceder a Venceslau pero estivo enfrontado cos husitas durante quince anos, e non foi recoñecido pola maior parte das faccións checas ata o ano 1437.
Tivo unha filla con Barbara de Celje, Sabela (1409-1442) quen casou co emperador Alberte II, que puido suceder ao seu sogro nos tronos de Hungría e Bohemia.
Predecesor: Roberto |
Rei de romanos 1410 - 1433 |
Sucesor: Alberte II |
Predecesor: Carlos IV |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 1433 - 1437 |
Sucesor: Frederico III |
Predecesor: María (1382–1385;1386–1395) |
Rei de Hungría 1387 - 1437 |
Sucesor: Alberte I |
Predecesor: Venceslau |
Elector de Brandeburgo 1378 - 1388 |
Sucesor: Jobst de Moravia |
Predecesor: Jobst de Moravia |
Elector de Brandeburgo 1411 - 1415 |
Sucesor: Frederico I |
Predecesor: Venceslau IV |
Rei de Bohemia 1419 - 1421 1436 - 1437 |
Sucesor: Alberte I |