Shere Hite

sexóloga e feminista alemá nada nos Estados Unidos

Shere Hite, nada en Saint Joseph (Missouri) o 2 de novembro de 1942 e finada en Tottenham (Londres) o 9 de setembro de 2020,[1] foi unha sexóloga e feminista alemá nada nos Estados Unidos.

Modelo:BiografíaShere Hite

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
St. Joseph, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Tottenham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson
dexeneración corticobasal Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Universidade de Florida
Seabreeze High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, historiadora, activista polos dereitos das mulleres, sexóloga, ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nihon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFriedrich Höricke Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAmerican Women Writers Editar o valor en Wikidata
Sitio webhiteresearchfoundation.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1968612 BNE: XX1149012 WikiTree: Gregory-9863 Editar o valor en Wikidata

Os seus traballos sobre sexoloxía concentráronse principalmente na sexualidade feminina. Hite parte dos estudos biolóxicos sobre sexo feitos por Masters and Johnson e por Alfred Kinsey. Tamén fai referencia aos traballos teóricos, políticos e psicolóxicos asociados co movemento feminista da década de 1970, como o The Myth of the Vaginal Orgasm de Anne Koedt.

Despois de recibir ataques cara a ela e cara ao seu traballo, renunciou á súa nacionalidade estadounidense para adoptar a alemá.

Traxectoria

editar

Naceu como Shirley Diana Gregory, pero máis tarde tomou o apelido do seu padrasto, Raymond Hite. Graduouse na Seabreeze High School en Daytona Beach, Florida. Recibiu un mestrado en Historia na Universidade de Florida en 1967.

Despois mudouse a Nova York, onde se uniu á Universidade de Columbia para traballar na súa tese de doutoramento en Historia social. Hite atribuíu que non completase o seu doutoramento á natureza conservadora de Columbia naquel tempo. Posteriormente, rematou o seu doutoramento na Universidade Nihon (Toquio, Xapón) e obtivo outro en sexoloxía clínica na Universidade Maimonides, en North Miami Beach, Florida.

Obxecto do seu estudo

editar

Shere Hite concentrouse en entender como consideran os individuos a súa experiencia sexual e o significado que ten para eles.

Hite criticou o traballo de Masters e Johnson[2] por incorporar acriticamente actitudes culturais no comportamento sexual no seu estudo. Por exemplo, o traballo de Hite mostrou que o 70% das mulleres non tiveran orgasmos mediante a penetración, mais que son capaces de alcanzar o orgasmo facilmente mediante a masturbación ou outras estimulacións clitoridianas. Só un 30% das mulleres participantes no seu estudo experimentaran algunha vez un orgasmo durante o transcurso do coito. Criticou o argumento de Masters e Johnson de que durante o coito debería proporcionarse a suficiente estimulación clitoridiana para alcanzar o orgasmo e que se non se chega a alcanzar é un signo de "disfunción sexual". Sen negar que tanto Kinsey como Masters e Johnson foron un paso crucial na investigación sexual, Hite cre que se debe entender a construción cultural e persoal da experiencia sexual para facer o importante estudo do comportamento sexual fóra do laboratorio. Criticou o feito de que limitar os tests a mulleres "normais" que notificaban orgasmos durante o coito estaba baseado no falso suposto de que ter un orgasmo durante o coito era algo típico, cousa que o seu propio estudo rexeitou vehementemente.

Metodoloxía

editar

Hite emprega un método de investigación individualista. Usou miles de respostas de cuestionarios anónimos como marco de traballo para desenvolver un discurso sobre as reaccións humanas ao xénero e á sexualidade. As súas conclusións derivadas destes cuestionarios de información foron logradas cun criticismo metodolóxico.[3] O feito de que a súa información non provén dunha base de mostra probabilística xera preocupacións sobre se os datos da mostra poden xeneralizarse a poboacións relevantes. Como é común en investigacións que afectan a asuntos delicados, tales como o comportamento sexual, a proporción de non-respostas é tipicamente grande. Polo tanto as conclusións derivadas dos datos poden non representar as visións da poboación en estudo como consecuencia do nesgo debido ás non-respostas.[4] Os defensores de Hite defenden a súa metodoloxía dicindo que é máis probable chegar así á verdade sobre a sexualidade feminina que estudando mulleres da prostitución como se elas fosen representativas das mulleres en xeral, ou estudar en laboratorio as condicións en que as mulleres declaran ter orgasmos durante o coito.

Hite foi eloxiada pola súa produtividade teórica na investigación sociolóxica.[5] A suxestión de nesgo nalgúns dos estudos de Hite é empregada frecuentemente como un punto de polémica nos cursos universitarios onde se discuten métodos de mostraxe, igual que a mostraxe do Literary Digest de 1936. Unha discusión sobre o nesgo da mostra é a realizada por Philip Zimbardo, que explicou que as mulleres do estudo de Hite recibiron unha investigación sobre a satisfacción conxugal, onde o 98% indicaron insatisfacción, e o 75% indicaron ter relacións extramaritais, mais onde só o 4% das mulleres responderon ao estudo de mercado.[6] Zimbardo conxecturou que as mulleres que tiñan insatisfaccións puideron estar máis motivadas a responder ao estudo que as mulleres que si estaban satisfeitas e que a súa investigación podería ser tan só "xornalismo cientificamente codificado".

Por outra banda, as diferenzas metodolóxicas nas ciencias sociais cando as interrogantes se refiren a asuntos de consecuencia pública, por exemplo, inmediatez fronte a tempo para reflexionar cando se está respondendo, poden resultar en diferenzas en sinceridade, e as promesas de confidencialidade non son igualmente cridas polos que responden por correo, afectando á apertura dos que responden e á súa sinceridade. Algunhas ou todas as súas investigacións publicadas dependeron dunha ampla distribución multicanal do cuestionario, dando oportunidade a moitas respostas longas na medida da dispoñibilidade de tempo do propio participante, cunha reforzada anonimidade dos entrevistados, e con máis respostas por correo que por teléfono.[7][8]

Vida persoal

editar

Hite non tivo fillos.[9] En 1985, casou co concertista de piano alemán Friedrich Höricke, dezanove anos menor ca ela.[10] A parella divorciouse en 1999.[11]

Especialmente grupos conservadores estadounidenses protestaron contra os estudos de Hite. Estivo entón exposta a insultos, asaltos físicos e mesmo ameazas de morte. Aceptou a nacionalidade alemá en 1996, posto que consideraba a sociedade alemá máis tolerante e aberta de mente cara ao seu traballo.[12]

  • Sexual Honesty, by Women, For Women (1974)
  • The Hite Report on Female Sexuality (1976, 1981, reeditado en 2004)
  • The Hite Report on Men and Male Sexuality (1981)
  • Women and Love: A Cultural Revolution in Progress (The Hite Report on Love, Passion, and Emotional Violence) (1987)
  • Fliegen mit Jupiter (English: Flying with Jupiter) (1993)
  • The Hite Report on the Family: Growing Up Under Patriarchy (1994)
  • The Hite Report on Shere Hite: Voice of a Daughter in Exile (2000) (autobiografía)
  • The Shere Hite Reader: New and Selected Writings on Sex, Globalization and Private Life (2006)
  1. Weaver, Matthew (10 de setembro de 2020). "'She began the real sexual revolution for women': Shere Hite dies aged 77". The Guardian. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  2. Montagut, Albert (25 de febreiro de 1992). "El divorcio de los pioneros de la sexología". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. 
  3. Jones, Janet. Understanding Psychological Research. 
  4. "Berkeley.edu". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2012. 
  5. "Alli.fi". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2005. Consultado o 21 de abril de 2005. 
  6. Discovering Psychology with Philip Zimbardo (Episode 2: Understanding Research)
  7. v.g., The Hite Report on Female Sexuality (1976)
  8. v.g., The Hite Report on the Family: Growing Up Under Patriarchy (1994)
  9. "Why are older mothers still taboo?". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 25 de abril de 2019. 
  10. Hewitson, Michele (27 de maio de 2000). "The real Shere Hite report". The New Zealand Herald. Consultado o 9 de novembro de 2011. 
  11. "Friedrich Höricke". Bach-cantatas.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  12. Hite, Shere (17 de novembro de 2003). "Why I Became a German: So Vicious Were the Attacks on the Feminist Shere Hite That She Decided to Give Up Her American Citizenship". New Statesman. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 8