Shkodër
Shkodër ou Shkodra é unha cidade do noroeste de Albania, capital do distrito de Shkodër e do condado co mesmo nome. Estímase que no ano 2004 contaba cunha poboación de 90.000 habitantes, o que a converte na cuarta cidade máis grande do país.
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | Albania | ||||||
Condado | Condado de Shkodër | ||||||
Concellos | Shkodër municipality (en) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 76.000 (2011) (87,09 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Parte de | |||||||
Superficie | 872,612 km² | ||||||
Altitude | 13 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Evento clave
| |||||||
Santo padrón | Estevo Mártir | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 4001–4007 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 22 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Sitio web | bashkiashkoder.gov.al |
Historia
editarNo século III a.C. xa era capital da tribo iliria dos Ardeanos, cuxo último rei, Genthius, mantivo a súa independencia ata o 168 a.C. cando foi derrotado polos romanos baixo o mando do xeneral Paulo Emilio durante as terceiras guerras ilirias, pasando a ser a provincia romana de Praevalitania.
Coa división do Imperio romano entre occidente e oriente Shkodër sería asignada ao dominio bizantino.
Co comezo da chegada das tribos eslavas no século VII as fronteiras do Imperio Bizantino retroceden, quedando a zona baixo dominio serbio. Quen a manterán dende o ano 1040 ata 1396, cando cae en poder dos venecianos e no ano 1479 na do Imperio Otomán.
Coa caída do Imperio Otomán a raíz da primeira guerra mundial a zona de Shkodër queda baixo dirección do goberno sito en Tirana, que pouco duraría debido á conquista do mesma por parte de Alemaña no marco da segunda guerra mundial. Queda baixo autoridade xermana ata que a resistencia antifascista dirixida polo movemento comunista de Enver Hoxha libera o país no ano 1941 e instaura a República Popular de Albania, que se manterá ata 1992, trala morte do líder comunista un ao antes e a raíz do período convulso que sofre Europa do Leste.
No século XIX a cidade converteuse un importante centro industrial (principalmente industria mecánica e eléctrica), comercial e cultural, sendo sede dunha Universidade.
Xeografía
editarA cidade aséntase a 25 quilómetros da costa, entre dous ríos e ao carón do lago do mesmo nome, o máis grande dos Balcáns, e rodeada de montañas. A parte montenegrina do lago Shkodër foi nomeado parque nacional no ano 1983. Do mesmo lago sae o río Buene, un dos poucos ríos navegábeis do país, que desemboca no Mar Adriático.
Monumentos
editarUn dos principais monumentos de Shkodër é o Castelo de Rozafa, situado no promontorio que domina a cidade foi fundado polos Ilirios e dominado por tódalas civilizacións que pasaron pola convulsa zona, sendo particularmente famosa a resistencia que nel levaron a cabo durante a primeira guerra mundial os otománs baixo a dirección de Hassan Riza Pasha e Essad Pasha.
Deportes
editarÉ a sede do equipo de fútbol Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, fundado en 1919 e que ao longo dos anos sufriu constantes cambios de nome, no seu palmarés ten 9 títulos da Liga albanesa de fútbol, 6 Copas e 2 Supercopas. O club participou na Copa de Europa 1978-79.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shkodër |