Socialismo utópico

A expresión socialismo utópico designa ás doutrinas dos primeiros socialistas europeos a comezos do século XIX (que precederon a Karl Marx e Friedrich Engels) como Robert Owen en Gran Bretaña ou Saint-Simon e Charles Fourier en Francia.[1] Esta corrente nacida da Ilustración e do pensamento filosófico de Hegel, estivo principalmente influenciada polo humanismo. Nun principio inscribiuse nunha perspectiva de progreso e de fe no home e na tecnoloxía. Viviu o seu apoxeo ata 1870, cando foi eclipsado, no seo do movemento socialista, polo éxito do marxismo. O concepto de socialismo utópico foi concibido por Friedrich Engels e recollido polos marxistas (que o opuxeron á noción de socialismo científico). As doutrinas que engloban o socialismo utópico non son, para os contrarios a estas ideas, máis utópicas que calquera outra doutrina que busque á creación dunha sociedade ideal non existida anteriormente (incluíndo as doutrinas marxistas que anuncian a chegada dunha sociedade sen clases).

O socialismo utópico caracterízase polo desexo de establecer comunidades ideais segundo diversos modelos, algúns rexidos por normas estritas e outros máis libertarios; algúns comunistas, por outro lado, permiten unha maior propiedade individual. O socialismo utópico caracterízase sobre todo polo seu método de transformación da sociedade, que, no seu conxunto, non se basea nunha revolución política, nin nunha acción reformista impulsada polo Estado, senón na creación, por iniciativa cidadá, dunha sociedade socialista, incluso dentro dun sistema capitalista. Segundo este modelo, sería a acumulación de comunidades socialistas as que substituirían progresivamente á sociedade capitalista.

A figura máis notable dos pensadores ingleses que se preocupaban por mellorar as condicións dos obreiros foi Robert Owen, quen tratou de levar á practica as súas ideas sobre a organización do traballo e a distribución da riqueza, establecendo o seguro social, bibliotecas, escolas para nenos e adultos e outras prestacións para os obreiros nunha comunidade que chamou New Harmony. Ao longo da historia producíronse centos de experiencias de creación de comunidades socialistas vinculadas ao socialismo utópico. Ata o momento, só se produciron a pequena escala (en comunidades duns centos de persoas) e xeralmente cunha limitada duración. A súa continuidade non está garantida por ningún órgano central ou político.

  1. "Heaven on Earth: The Rise and Fall of Socialism". Public Broadcasting System. Consultado o 15 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Alexandrian, Le Socialisme romantique, París, Le Seuil, 1979.
  • Paul Bénichou, Le Temps des prophètes : doctrines de l'âge romantique, París, Gallimard, 1977.
  • Nathalie Brémand, Les socialismes et l'enfance : expérimentation et utopie (1830-1870), Rennes, PUR, 2008.
  • Friedrich Engels, Socialisme utopique et socialisme scientifique (1880)
  • Bernard Lacroix, L'utopie communautaire, París, PUF, 1981.
  • Michel Lallement, Le Travail de l'utopie. Godin et le Familistère de Guise, París, Les Belles Lettres, 2009.
  • André Lichtenberger, Le Socialisme utopique : études sur quelques précurseurs inconnus du socialisme, París, F. Alcan, 1898 (reprod. en fac-similé Genève, Slatkine, 1970).
  • Jean-Christian Petitfils, Les Socialismes utopiques, París, PUF, 1977.
  • Jean-Christian Petitfils, La Vie quotidienne des communautés utopistes au XIX siècle, París, Hachette, 1982.
  • Michèle Riot-Sarcey, Le Réel de l'utopie : essai sur le politique au XIX siècle, París, Albin Michel, 1998.
  • Jean Servier, Histoire de l’utopie, Gallimard, 1991.
  • Reybaud (Louis), Études sur les réformateurs contemporains ou socialistes modernes, París, Guillaumin, 1864.
  NODES
HOME 1
Idea 4
idea 4
iOS 2
mac 1
multimedia 1
os 25
todo 3