Sociedade de clasificación

As Sociedades de Clasificación son organizacións xurdidas no sector naval e adicadas á seguridade marítima, humana e do ambiente e non vencelladas a ningún goberno estatal[1].

Certificado Lloyd's Register para liña de carga (marca Plimsoll).

Historia

editar

As sociedades de clasificación xurdiron na segunda metade do século XVIII pola necesidade de garantir a seguridade no sector naval. Ofrecer información dos buques, armadores, aseguradores e a administración. Nun principio eran só listas nas que se informaba do estado xeral do buque por medio dunhas valoracións. Canto mellor era o buque recibía unha máis alta puntuación e polo tanto era premiado con custos do seguro máis baixos. Co tempo estas valoracións limítanse aos dous únicos niveis actuais: A1 ou non válido. As sociedades de clasificación ofrecen servizos de asesoramento e información no sector naval. Nos últimos anos ampliaron o seu sector de traballo dando tamén servizos a todo tipo de industrias.

Os buques a artefactos flotantes deben ser deseñados, construídos, operados e reparados segundo as normativas da sociedade de clasificación na que estean rexistrados.

Principais sociedades de clasificación

editar

A nivel mundial son só tres as sociedades de clasificación máis importantes: Lloyd's Register que é a máis antiga, American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas aínda que existen outras que prestan servizos.

Nome Siglas Data Sede Membro de IACS
  Lloyd's Register LR 1760 Londres [2]  
  Bureau Veritas BV 1828 París  
  Registro Italiano Navale RINA 1861 Xénova  
  American Bureau of Shipping ABS 1862 Houston  
  Det Norske Veritas DNV 1864 Oslo  
  Germanischer Lloyd GL 1867 Hamburgo  
  Nippon Kaiji Kyokai (Tamén chamada ClassNK) NK 1899 Toquio  
  Russian Maritime Register of Shipping
(Российский морской регистр судоходства)
RS 1913 San Petersburgo  
  Overseas Marine Certification Services OMCS 2004 Panamá  
  China Corporation Register of Shipping CR 1951 Taipei  
  China Classification Society CCS 1956 Pequín  
  Indian Register of Shipping IRS 1975 Bombai  
  Brazilian Register of Shipping
(Registro Brasileiro de Navios)
RBNA 1982 Río de Xaneiro  
IACS, International Association of Classification Societies.
  1. Recopilación de diez sociedades de clasificación. Ingeniería Naval
  2. LR Arquivado 04 de outubro de 2009 en Wayback Machine. plans to move its head office to Southampton in 2011
  NODES
Association 1
Intern 1
iOS 1
mac 3
os 22
todo 2