Soiuz TMA-04M
misión do programa espacial Soiuz
Soiuz TMA-04M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de maio de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Soiuz TMA-04M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de maio de 2012, 3:01 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 124,99 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 17 de setembro de 2012, 2:23 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2012-022A |
Masa | 7200 kg[5] |
Características
editarSoiuz TMA-04M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Joseph Acaba, Gennadi Padalka e Sergei Revin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante cerca de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) e regresou o 17 de setembro de 2012 ás 2:23 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-04M estaba formada por Oleg Novitskii, Ievgeni Tarelkin e Kevin Ford.[5][2]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-04M |
Outros artigos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 4M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 04M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 24 December 2013 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-82425 (E)). 8 de abril de 2013: 6. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-04M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.