Stéphane Grappelli

violinista francés de jazz

Stéphane Grappelli, nado en París o 26 de xaneiro de 1908 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1997, foi un violinista francés de jazz que fundou canda o guitarrista Django Reinhardt o Quintette du Hot Club de France.

Modelo:BiografíaStéphane Grappelli

(1976) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1908 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCrematorio e columbario do Père-Lachaise, Division 87. Concession number: 417
Grave of Grappelli (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista urbano, violinista, actor de cinema, músico de jazz, compositor, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSwing e jazz xitano Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMPS Records (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de decembro de 1997Funeral (Saint-Vincent-de-Paul church (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0335799 Allocine: 23766 Allmovie: p92347
Youtube: UCPo0QAO_z106clg58tRVa_g BNE: XX900557 Spotify: 6AfbDYupHV5e6nse9W6tKG iTunes: 76841 Musicbrainz: bfc03211-a3a2-4700-8fa3-00968c02c5d0 Songkick: 537075 Discogs: 267089 Allmusic: mn0000749504 Find a Grave: 4948 Deezer: 15323 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pai italiano e nai francesa, á idade de 4 anos ficou orfo de nai. Aos 12 anos comezou a tocar o violín nas rúas para levar diñeiro á súa casa. En 1923 -aos 15 anos- comezou a súa carreira profesional como violinista e pianista nos cines acompañando as películas mudas.

En 1934 naceu o Quinteto do Hot Club de Francia. Ao comezar a segunda guerra mundial atopábase de xira en Inglaterra; Django volveu enseguida a Francia, pero Grappelli decidiu quedar en Londres. Cando se reencontraron en 1946, tocaron e gravaron espontaneamente A Marsellesa, rebautizada como Ecos de Francia (Echoes of France). Esta gravación converteuse nun escándalo e a matriz foi destruída.

Despois de tocar con Reinhardt, Grappelli gravou máis dun centenar de discos con grandes músicos, especialmente con Oscar Peterson, Jean-Luc Ponty, Philip Catherine, o cantante Paul Frederic Simon, David Grisman ou incluso con Yehudi Menuhin ou co violinista indio Lakshminarayana Subramaniam.

Foi tamén o compositor e intérprete de pezas orixinais da banda sonora do filme Les Valseuses de Bertrand Blier en 1974, e da música de Milou en mai, filme de Louis Malle de 1989.

Foi condecorado como Cabaleiro da Lexión de Honra.

Grappelli está soterrado no Cemiterio do Père-Lachaise en París.

  NODES
iOS 1
os 16
todo 1