Stade Vélodrome
O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco mais de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas.
Stade Vélodrome | |
---|---|
Stade Vélodrome | |
Datos | |
Coordenadas | 43°16′09″N 5°23′42″L / 43.269241, 5.394907 |
Localización | Marsella, Francia |
Construción | |
Inauguración | 1937 |
Renovación | 1971, 1983, 1998 e 2014 |
Arquitecto | Henri Ploquin, Jean-Pierre Buffi (1998) |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105x68 |
Capacidade | 67.054 |
Propietario | Ville de Marseille |
Operadora | Olympique de Marsella |
Localía | Olympique de Marsella (Ligue 1) |
Web | https://www.orangevelodrome.com |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eventos deportivos
editarMundial de Fútbol 1938
editarNo Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.
Eurocopa de Fútbol 1960
editarA Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.
Eurocopa de Fútbol 1984
editarNa Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.
Mundial de Fútbol 1998
editarNo Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.
Copa do Mundo de Rugby 2007
editarNa Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.
Eurocopa de Fútbol 2016
editarO Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.