O Stadion Narodowy (do polaco: Estadio Nacional) é un campo de fútbol situado na cidade de Varsovia, capital de Polonia. Está construído onde, até 2008, se atopaba o Estadio 10º Aniversario (en polaco: Stadion Dziesięciolecia).

Stadion Narodowy
Polonia Estadio Nacional
Datos
Coordenadas52°14′22″N 21°02′44″L / 52.239444, 21.045556
LocalizaciónVarsovia, Polonia
Construción
InauguraciónAínda sen inaugurar
ArquitectoGerkan, Marg und Partner
Custo1976061375 Złotys
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade58.145
PropietarioDep. do Tesouro de Polonia
OperadoraPL.2012
LocalíaSelección de fútbol de Polonia
Webhttp://stadionnarodowy.org.pl
Eventos
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

O estadio ten capacidade para albergar 58.145 espectadores, menos que o desaparecido Stadion Dziesięciolecia cun aforamento do 71.008. A súa construción comezou en 2008 e terminou oficialmente o 29 de novembro de 2011. A estadio conta cun singular teito retráctil de PVC, que se desprega a dende a beira superior até unha agulla suspendida sobre o centro do campo. O estadio será o escenario onde se xogará o partido inaugural da Eurocopa 2012 (un partido da fase de grupos grupo), outros dous partidos da mesma fase, un de cuartos de final , e unha das semifinais. O Estadio Nacional non será novo estadio dos equipos de fútbol locais, o Legia Warszawa e o Polonia Warszawa, aínda que é posible que si o utilicen en caso de encontros de grande importancia.

Xunto co estadio, a planificación inclúe a construción dun pavillón polideportivo cuberto con capacidade para 20.000 espectadores, unha piscina de tamaño olímpico para 4.000 espectadores, un parque acuático, un hotel, un centro de conferencias, así como catering e outros servizos. A construción será seguida por unha completa renovación da Estación de Tren de Varsovia próxima, e a apertura dunha estación de metro e un segmento da segunda liña do Metro de Varsovia que conecta a zona co centro da cidade. Os terreos son propiedade do goberno nacional, polo que o investimento será financiado por el en lugar da cidade de Varsovia.

Traballos de construción

editar

Os traballos de construción comezaron en 2008.[1] A primeira fase da construción consistiu en demoler as vellas bancadas do antigo Estadio do 10º Aniversario. Durante a cerimonia de inauguración celebrada, o 7 de outubro de 2009, colocouse unha pedra angular (primeira pedra) e unha cápsula do tempo. A cápsula contén as bandeiras de Polonia, da Unión Europea e da cidade de Varsovia, xornais do día, moedas, billetes, e outros artefactos.

O 1 de decembro de 2009 atopábanse traballando dous obreiros nunha plataforma que estaba a ser erguida por un guindastre á unha altura de 18 metros cando a suspensión rompeu, causando a caída da plataforma morrendo un dos obreiros ao instante e o outro unhas horas máis tarde no hospital. Outro accidente fatal ocorreu o 9 de maio de 2011 cando un traballador caeu dende o teito. As autoridades están a investigar as circunstancias deste accidente

En 2009, as obras de construción prevíanse rematar para mediados de 2011. Con todo, déronse a coñecer fallos na construción a finais de maio de 2011, o que resultou no establecemento dunha nova data de remate das obras para o 29 de novembro de 2011. Ese mesmo día o estadio estaba xa finalizado, aínda que aínda non tivo a súa inauguración oficial.

Eurocopa 2012

editar

Partidos

editar

O Stadion Narodowy alberga durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, un de cuartos de final, e unha semifinal. Os partidos son os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Polonia  
1 - 1
  Grecia
56.070
12 de xuño Primeira rolda Polonia  
1 - 1
  Rusia
55.920
16 de xuño Primeira rolda Grecia  
1 - 0
  Rusia
55.614
21 de xuño Cuartos de final República Checa  
0 - 1
  Portugal
55.590
28 de xuño Semifinal Alemaña  
-
D1/C2

Galería de imaxes

editar
  1. "Fundamenty Narodowego wzmocnią gazety i bilon". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2