Stasi

Servizo secreto, no interior e no estranxeiro, da República Democrática Alemá

A Stasi, abreviación de Ministerium für Staatssicherheit (Ministerio de Seguridade Estatal) foi o servizo secreto tanto para o interior como para o estranxeiro da República Democrática Alemá e, ó mesmo tempo, a institución encargada de investigar os delitos políticos. Porén, a Stasi foi sobre todo un instrumento de vixilancia e represión do SED contra cidadáns críticos co sistema. Como dicía o SED, a Stasi era "a espada e o escudo do partido".

Escudo da Stasi

En Alemaña Oriental había un segundo servizo de espionaxe, o Militäraufklärung do exército. O Departamento Superior I da Stasi, dedicado á investigación entre o exército, non dependía deste servizo nin do exército.

Historia

editar

A Stasi foi fundada o 8 de febreiro de 1950. Foi deseñada no Ministerio para a Seguridade Estatal soviético, e foi considerada polos soviéticos como unha organización extremadamente leal e eficaz.

Wilhelm Zaisser foi o primeiro Ministro de Seguridade Estatal da RDA, e Erich Mielke o seu deputado. Zaisser foi retirado por Walter Ulbricht, líder da RDA, en 1953 e substituído por Ernst Wollweber. Wollweber renunciou en 1957 tras numerosos choques con Walter Ulbricht e Erich Honecker e foi sucedido polo seu deputado Erich Mielke. Dende o 27 de maio de 1953, tiña a súa propia Sportvereinigung Dynamo (asociación deportiva). Tamén durante 1957, Markus Wolf converteuse en líder da Hauptverwaltung Aufklärung (HVA), a súa sección de intelixencia estranxeira. Como xefe de intelixencia, Wolf acadou un grande éxito introducíndose no goberno, política e círculos de negocios da República Federal Alemá cos seus espías. O caso máis influente foi o de Günter Guillaume que contribuíu á caída do Chanceller de Alemaña Occidental Willy Brandt.

A Stasi tamén prestou apoio a varias organizacións revolucionarias que actuaban na Alemaña Occidental como a Fracción do Exército Vermello, as Células Revolucionarias ou o Grupo Carlos, facilitándolles identificacións falsas, refuxio, armas ou diñeiro

Con todo, a Stasi tamén xogou outro papel máis externo; salvou as vidas de moitos políticos e activistas de esquerdas durante os anos setenta, especialmente en América do Sur. Por exemplo, pénsase que inmediatamente despois do Golpe de Estado de Augusto Pinochet en Chile (setembro de 1973), axentes da Stasi organizaron o rescate e o transporte á RDA de centos de membros de Unidade Popular.

En 1986, Wolf retirouse e foi substituído por Werner Grossmann.

En 1989, xusto antes da disolución de Alemaña do Leste, a Stasi foi renomeada como a Oficina para a Seguridade Nacional e liderada polo xeneral da Stasi Rudi Mittig.[1]

Estrutura

editar
editar

A base legal para as actividades do Ministerio eran:

  • Lei de creación dun Ministerio de Seguridade Estatal.
  • Estatutos da Secretaría de Seguridade Estatal (1953) e os Estatutos do Ministerio de Seguridade Estatal (1969), que lles sometían a un segredo estrito e que lles daban autorización para funcionar do Goberno e do Consello de Defensa nacionais.
  • Código procesal penal e a Lei da Policía de 1968, o parágrafo 20 da cal concedía ós membros da Stasi autoridade policial.

Aínda así, a Stasi tamén movíase fora deste marco legal e moitas veces vai actuar contra as garantías constitucionais recollidas na Carta Magna da República Democrática Alemá.

O Politburó da SED vai asignar o 23 de setembro de 1953 ós servizos secretos da RDA as seguintes competencias:

  • Encargados de intelixencia na RFA e en Berlín Oeste, co obxectivo de infiltrarse en tódalas institucións occidentais importantes (Goberno de Bonn, industria, investigación científica etc.)
  • Espionaxe activo mediante a infiltración de informadores en tódalas áreas importantes da vida pública da RDA.
  • Control das grandes organizacións autorizadas polo goberno, como eran a Agrupación de Donas de Alemaña e a Agrupación de Xoves.
  • Desmoralizar e dividir á Igrexa e ás asociacións xuvenís, círculos intelectuais e de disidentes asociados.
  • Control dos mesmos cidadáns da RDA, malia non respectar os seus dereitos civís. Na linguaxe oficial, esta tarefa nomeábase "descubrimento e neutralización de actividades corruptoras inimigas". Isto incluíu o espionaxe da oposición e dos disidentes, a censura e a represión da liberdade de opinión.
  • Protección integral de cargos importantes do partido.
  • Asegurar a colaboración dos organismos de seguridade coa policía.
  1. Koehler (1999)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 1
iOS 1
mac 2
os 41
todo 3
web 2