Stolperstein
As Stolperstein (no plural, stolpersteine) son unha iniciativa do artista alemán Gunther Demnig iniciada en 1992, consistentes en pequenas placas de latón de 10x10 centímetros, colocadas no chan, están destinadas a conmemorar o destino de persoas que foron perseguidas, asasinadas, deportadas, expulsadas ou levadas o suicidio durante o nazismo.[1] Esta iniciativa estendeuse a máis de 30 países europeos, entre eles España, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.[2] O 26 de maio de 2023, colocouse a stolperstein 100.000 na cidade alemá de Nüremberg.[3] Dende o 19 de xullo de 2023, están presentes na cidade da Coruña, convertendose nas primeiras stolpersteine de Galicia.[4]
Dende 2018, existe unha variación das stolpersteine denominadas pedras da memoria, adicadas a conmemorar especificamente as vítimas do franquismo, distinguense das stolpersteine pola súa cor prateada.[1]
Antecedentes
editarCo gallo do 50 aniversario da deportación de 1 000 sinti e romanís de Colonia, o 6 de maio de 1990, Demming trazou as rutas polas que foron deportados cun trazador; Para os nazis, a deportación de Colonia foi un "ensaio xeral" para a deportación de xudeus. O 16 de decembro de 1992, no 50 aniversario da orde de Himmler de deportar os "xitanos" (Decreto Auschwitz), colocou unha primeira placa de bronce inscrita no pavimento fronte o histórico concello de Colonia. As primeiras liñas do decreto poden ser lidas na pedra, e o corpo oco da pedra, contiña todo o texto. Ademais, Demming participou, con esta pedra que foi vandalizada e roubada por persoas descoñecidas no 2010, na discusión sobre o dereito a residencia dos romanies que fuxiran de Iugoslavia. O 21 de maio de 2013, Demming colocou unha nova pedra fronte o concello de Colonia.
Ribadeo
editarO 31 de marzo de 2022, unha volta recollidos datos de rexistros públicos como o portal Nomes e Voces, colocáronse 25 pedras da memoria en Ribadeo, ás que se xuntaron 14 máis o 1 de abril[5] celebrándose ese día un acto oficial coa intervención do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez,[6] e a proxección dun vídeo sobre os represaliados ribadenses, ó que asistiron familiares (se ben con posterioridade houbo unha queixa illada).[7][8][9]
A Coruña
editarO 19 de xullo de 2023, A Coruña, nunha iniciativa conxunta do concello da cidade e máis a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica sumouse ó proxecto, coa colocación de 6 laxes de bronce de 10 x 10 cm para lembrar seis dos 17 deportados nesa cidade polo nazismo: Julio Martínez Arias, Leopoldo López Criado, Luis Rafales Lamarca, Eduardo Sánchez García, Adrián del Castillo e Arturo García Lagares.[4]
O acto contou coa presenza do artista creador da iniciativa, Gunter Demnig, quen instalou cada unha das pedras, familiares das vítimas, así como unha ampla representación política, encabezada por Inés Rey, alcaldesa da cidade, e representantes dos outros grupos políticos que acadaron representación na corporación local; Francisco Jorquera e Mercedes Queixas por parte do Bloque Nacionalista Galego[10] e Roberto Rodríguez por parte do Partido Popular.[11] Tamén acudiu un nutrido grupo de cidadáns, entre eles, personalidades como Manuel Rivas.[12]
Nome do homenaxeado | Dirección do Stolperstein | Texto do Stolperstein |
---|---|---|
Julio Martínez Arias | Rúa Porta de Aires, 11 | AQUÍ VIVIU
JULIO MARTÍNEZ ARIAS NACIDO 1914 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 ASASINADO 07.09.1941 HARTEIM |
Leopoldo López Criado | Rúa Santiago, 15 | AQUÍ VIVIU
LEOPOLDO LÓPEZ CRIADO NACIDO 1905 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 MAUTHAUSEN ASASINADO 03.11.1941 GUSEN |
Luis Rafales Lamarca | Rúa Varela Silvari, 4 | AQUÍ NACEU
LUIS RAFALES LAMARCA NACIDO 1917 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 MAUTHAUSEN ASASINADO 09.09.1941 HARTHEIM |
Eduardo Sánchez García | Campo de artillería, 12 | AQUÍ NACEU
EDUARDO SÁNCHEZ GARCÍA NACIDO 1913 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 MAUTHAUSEN LIBERADO 05.05.1945 |
Adrián del Castillo Soutelo | Rúa San Andrés, 169 | AQUÍ VIVIU
ADRIÁN DEL CASTILLO NACIDO 1906 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 MAUTHAUSEN ASASINADO 29.09.1941 HARTEIM |
Arturo García Lagares | Rúa San Andrés, 38 | AQUÍ NACEU
ARTURO GARCÍA LAGARES NACIDO 1895 EXILIADO FRANCIA DEPORTADO 1941 MAUTHAUSEN ASASINADO 12.07.1941 GUSEN |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Goberno Illas Baleares. Memoria Democràtica. "Proyecto Stolpersteine / Piedras de la memoria". www.caib.es (en castelán). Consultado o 2023-07-14.
- ↑ "Las “Stolpersteine” de Demnig cumplen veinte años – DW – 13/05/2016". dw.com (en castelán). Consultado o 2023-07-22.
- ↑ "In Nürnberg liegt jetzt Europas 100.000 Stolperstein". www.nn.de. Consultado o 2023-07-22.
- ↑ 4,0 4,1 "Galicia únese ao proxecto 'Stolpersteine': lousas na Coruña para lembrar os deportados polo nazismo". Praza Pública. 2023-07-19. Consultado o 2023-07-20.
- ↑ "Mais Pedras da Memoria - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-14.
- ↑ "Ribadeo, lugar de memoria - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-14.
- ↑ "PEDRAS DA MEMORIA - Concello de Ribadeo". Consultado o 2023-07-14.
- ↑ Agremon, Publicado por. "Falando de dúas guerras: a paz é única". Consultado o 2023-07-14.
- ↑ "As Pedras da Memoria; resposta do Concello de Ribadeo ao familiar agraviado coa homenaxe". La Voz de Galicia. 2022-04-13. Consultado o 2023-07-14.
- ↑ "BNG A Coruña". Twitter. Consultado o 2023-07-22.
- ↑ "PP. A Coruña". Twitter. Consultado o 2023-07-22.
- ↑ "@Rivasbarrs". Twitter. Consultado o 2023-07-22.