Suadoiro

prenda de roupa

Un suadoiro[1] é unha peza grosa de algodón que se utiliza para facer deporte.

Suadoiro.

O suadoiro é unha chaqueta exterior que empregan os deportistas e afeccionados, para adestrar, quentar e facer deporte. Caracterízase por poder ter ou non peche. O seu uso é común en actividades como o footing ou o ciclismo. Utilízase como peza de abrigo para realizar exercicio no exterior e adopta a forma dunha chaqueta ou xersei de manga longa que se coloca sobre a camiseta de deporte. Dispón ás veces de capucha axustable para protexer a cabeza da choiva e a miúdo, de petos frontais.

O uso estendido desta peza fóra das actividades deportivas provocou que numerosas firmas se animasen a sacar diferentes liñas de suadoiros.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para suadoiro.
  NODES
os 8
todo 1