Sultanes de Monterrey

Os Sultanes de Monterrey son un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). Desde a temporada 2019−20, o equipo participa tamén na Liga Mexicana del Pacífico (LMP), a cal se celebra após a conclusión da LMB. Os Sultanes son o único equipo do país que participa nas dúas competicións á vez. O club foi fundado en 1939 co nome de Carta Blanca, e ten desde aquela a súa sede en Monterrey. Os Sultanes posúen no seu palmarés dez títulos de liga, sendo o terceiro equipo con máis títulos desta competición despois dos Diablos Rojos del México e dos Tigres de Quintana Roo. Desde 1990 o seu estadio como local é o Estadio de Béisbol Monterrey, parque con capacidade para 21.906 espectadores.[1]

Sultanes de Monterrey
Fundado en 1940
Liga
Liga Liga Mexicana de Béisbol
Liga Mexicana del Pacífico
DivisiónZona Norte
Imaxe do equipo
Retirados1, 5, 7, 9, 13, 17, 20, 21, 22, 34
Cores              
Datos do equipo
CidadeMonterrey
AnteriorCarta Blanca (1939–1941)
Industriales (1942–1947)
AlcumesSultanes, Fantasmas Grises
EstadioEstadio do Monterrey (21.906 esp.)
MascotaPerro Sultán
DonoJosé Maiz García e Grupo Multimedios
AdestradorHomar Rojas
Títulos
Liga (10)1943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007, 2018
Zona (11)1986, 1991, 1994, 1995, 1996, 2006, 2007, 2008, 2013, 2018 (O), 2018 (P)
  1. "Estos son los estadios donde se jugará la Liga Mexicana del Pacífico 2019" [Estes son os estadios onde se xogará a Liga Mexicana do Pacífico 2019]. Estadio Deportes (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
os 22
todo 1
web 1