Supervixens
Supervixens é unha película estadounidense de 1975, dirixida, escrita e producida por Russ Meyer.
Supervixens | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Supervixens |
Director | Russ Meyer |
Produtor | Russ Meyer |
Guión | Russ Meyer |
Intérpretes | Charles Pitt, Charles Napier, Uschi Digard, Shari Eubank, Christy Hartburg, Haji, Sharon Kelly |
Música | Johann Strauss, Alexander Borodin |
Montaxe | Russ Meyer |
Distribuidora | RM Films International |
Estrea | 1 de xaneiro de 1975 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 90 000 dólares |
Na rede | |
É unha historia dun triángulo amoroso convertido nun cuadrángulo. Nela aparecen os actores usuais de Meyer, como Charles Napier, Uschi Digard e Haji. Ademais, aparece Shari Eubank (que só filmou outra película co director), e Christy Hartburg, na súa única aparición con Meyer.
Sinopse
editarClint Ramsey, empregado dunha gosolineira nunha vila do deserto, é irresistible para as mulleres, levando todas elas o prefixo "Super" nos seus nomes. Convive con SuperAngel (Shari Eubank), unha ninfómana que o chama decotío ó traballo. Amenázao con queimarlle a casa se non aparece alí inmediatamente, e el vai, enfadado. Rexeita as súas propostas sexuais, e discuten. Un veciño avisa á policía, crendo que el a maltrataba, e un axente os separa.
Clint vai a relaxarse a un club de alterne, onde o atende SuperHaji (Haji). Ela ofrécella a chave da súa habitación para que a espere alí, pero el, novamente, rexeita a súa proposta. Namentres, SuperAngel leva á cama ó axente da policía que a atendera, Harry Sledge, atractivo pero impotente. Despechado polos insultos de SuperAngel mofándose del, acaba asasinándoa e prendendo lume á casa. Ao saber o xefe de Clint do asunto, e pensando que fora o seu empregado quen a matara, vai falar con el, pero este dille que non sabe nada, e deciden que debe escapar.
Fai dedo para dirixirse ó oeste. Recólleno unha parella nova, e ela, SuperCherry (Sharon Kelly), faille propostas sexuais. Clint rexéitaas, e solicita baixar. O mozo, enfadado porque rexeitou á súa moza, dálle unha malleira. Tras roubarlle os cartos que lle deixara o xefe, déixano tirado na beiravía.
Clint é salvado por un vello granxeiro, que vive coa súa muller, unha moza ninfómana austríaca que muxe as vacas, SuperSoul (Uschi Digard). Logo de deixar extenuado ó seu marido, peta na porta de Clint á noite. Espida, ponse sobre el na cama, coa intención de violalo. Desiste, pero outro día conségueo na palleira, onde os descobre o marido. Clint ten que escapar correndo, e chega a un motel.
O motel é propiedade dun vello viúvo e caucásico cunha filla negra e sordomuda, SuperEula (Deborah McGuire). Super Eula convénceo para iren dar unha volta polo deserto, pois o seu pai marchara á cidade, pero este, sospeitándoo, regresa co sheriff e se inicia unha persecución polo deserto. Clint logra escapar de novo, e chega a unha gasoliñeira.
Alí traballa SuperVixen. Ela e Clint convértense en parella, traballando felices na gasoliñeira. Pero chega o policía que matara a SuperAngel, que o recoñece, e decide matalos ós dous.
Comentarios
editarA película está chea de homenaxes.
A batalla final é unha recreación das pelexas do Correcamiños co Coiote na serie de debuxos animados.
Meyer incluíu moitas bromas habituais entre os veteranos da segunda guerra mundial, con referencias á Alemaña nazi.