Suspiria
Suspiria é un filme de terror italiano dirixido por Dario Argento que se estreou en 1977. Foi co-escrito por Dario Argento e Daria Nicolodi baseándose no ensaio Suspiria de profundis de Thomas de Quincey. É a primeira parte da triloxía de Argento coñecida como As tres nais, sendo as outras dúas Inferno (1980) e La Terza Madre (2007). A banda sonora foi composta pola banda de rock progresivo Goblin.
Suspiria | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Suspiria |
Director | Dario Argento |
Produtor | Claudio Argento Salvatore Argento |
Guión | Dario Argento Daria Nicolodi |
Intérpretes | Jessica Harper Stefania Casini Flavio Bucci Miguel Bosé |
Música | Goblin Dario Argento |
Fotografía | Luciano Tovoli |
Montaxe | Franco Fraticelli |
Estudio | Seda Spettacoli |
Distribuidora | Produzioni Atlas Consorziate (Italia) EMI(Reino Unido) |
Estrea | 1 de febreiro de 1977 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Terror, Giallo |
Filme seguinte | Inferno |
Na rede | |
Argumento
editarSuzy Bannion (Jessica Harper), estudiante de ballet estadounidense, chega á cidade de Friburgo para perfeccionar os seus estudos na prestixiosa academia Tanz. Coincidindo coa súa chegada, unha alumna recentemente expulsada, Pat Hingle (Eva Axén), é salvaxemente asasinada no apartamento dunha amiga á que recorrera na busca de axuda, fuxindo dalgún grave perigo. A inxenua Suzy, percatarase pronto do estraño comportamento do persoal da academia o que, unido ás terribles mortes que empezan a sucederse, faralle sospeitar que algo sinistro está acontecendo. Máis adiante, a súa compañeira Sara (Stefania Casini) confirmará as súas sospeitas ó confesarlle que a defunta Pat lle comentou que coñecía un escuro segredo relacionado coa academia que non chegou a revelarlle. Finalmente, Suzy descubrirá que a academia Tanz, en realidade, está dirixida por un poderoso sabbat de bruxas ó mando da perversa Helena Markos, "A Raíña Negra": máis coñecida, grazas á súa secuela, Inferno, como a "Mater Suspiriorum".
Personaxes
editar- Jessica Harper como Suzy Bannion
- Stefania Casini como Sara
- Flavio Bucci como Daniel
- Miguel Bosé como Mark
- Barbara Magnolfi como Olga
- Susanna Javicoli como Sonia
- Eva Axén como Pat Hingle
- Rudolf Schündler como Prof. Milius
- Udo Kier como Dr. Frank Mandel
- Alida Valli como Miss Tanner
- Joan Bennett como Madame Blanc
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Suspiria na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)