Taboíña de Venus de Ammisaduqa

A Taboíña de Venus de Ammisaduqa é unha táboa de arxila achada na biblioteca do rei Assurbanipal en Nínive do século VII a. C., de 17,14 cm de lonxitude por 9,2 de ancho, que amosa observacións sobre a aparición e desaparición do planeta Venus recollidas durante o reinado do monarca babilonio Ammisaduqa mil anos antes, cuarto sucesor de Hammurabi. Está exposta no Museo Británico.

Taboíña de Venus de Ammisaduqa

Tipo Táboa
Data Século -VII
Características
Lonxitude 9,2 cm
Altura 17,14 cm
Materiais Arxila
Conservación
Localización Museo Británico

Importancia

editar

A importancia desta táboa, escrita en cuneiforme, radica en que grazas ás observacións astronómicas que recolle, e coñecendo a duración dos reinados de cada rei a través das Listas Reais, foi posible situar absolutamente o oitavo ano do reinado de Ammisaduqa e, con relación a el, os anos do resto dos reis da I Dinastía amorita de Babilonia e do resto de reis do Próximo Oriente Antigo.

Porén, a inconsistencia e ambigüidade dos datos fornecidos pola taboíña non permitiu que se acadase o consenso entre os expertos, polo que existen ata cinco cronoloxías diferentes para esta época do Oriente Próximo: ultralonga, longa, media, curta e ultracurta. Por exemplo, para o ano de inicio do reinado do propio Ammisaduqa, as cronoloxías longa, media e curta propoñen:

  • Longa: 1702 a. C.
  • Media: 1646 a. C.
  • Curta: 1582 a. C.

Investigación

editar

A táboa forma parte do conxunto Enuma anu enlil (Os días de Anu e Enlil), tratado de astroloxía babilonia, que interpreta fenómenos astronómicos en clave de agoiros para o futuro. Foi publicada inicialmente en 1870 por Henry Creswicke Rawlinson e George Smith como Enuma Anu Enlil Tablet 63, en Tablet of Movements of the Planet Venus and their Influences (The Cuneiform Inscriptions of Western Asia, volume III).

A súa importancia cronolóxica foi recoñecida por primeira vez en 1912, cando Franz Xaver Kluger logrou identificar o Ano do Trono de Ouro mencionado no texto co oitavo ano do reinado de Ammisaduqa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
mac 1
os 21
text 1
todo 1