Tanambogo
Tanambogo é un pequeno illote na Provincia Central das Illas Salomón. É unha das Illas Florida.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Florida | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Florida | |||
Localización | ||||
División administrativa | Central, Illas Salomón | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Salomón | |||
Características | ||||
Dimensións | 0,29 () × 0,58 () km | |||
Superficie | 0,056 km² | |||
Xunto coa próxima illa de Gavutu, desempeñou un papel importante na campaña de Guadalcanal durante a segunda guerra mundial. En 1942, os xaponeses trataron de establecer unha base aérea na illa. Entre o 7 e o 9 de agosto de 1942 na Batalla de Tulagi e Gavutu-Tanambogo, os elementos do 2º Rexemento dos Marines dos Estados Unidos asaltaron e ocuparon a illa.