Tarzán
Tarzán é un personaxe creado por Edgar Rice Burroughs, que apareceu por primeira vez na novela "Tarzán dos monos" en 1914, e despois en trinta e tres películas e series posteriores.
A historia de Tarzán
editarTarzán é o fillo orfo dunha parella inglesa aristocrática abandonados en África a finais do século XIX. Despois de morreren seus pais, Tarzán foi adoptado e educado por unha manda de monos aos cales Burroughs chama "mangani", unha especie non coñecida pola ciencia, pero con características de gorilas, chimpancés e homínidos, incluíndo unha forma de linguaxe primitiva. "Tarzán" significa "pel branca" en linguaxe manganí. O seu nome inglés é John Clayton III, Lord de Greystoke.
A educación recibida deulle habilidades físicas considerabelmente superiores ás dos mellores atletas "civilizados", pero tamén herdou un gran nivel de habilidade mental. Aprendeu a ler só examinando libros de inglés deixados polos seus pais, e discrepando coa versión de falante inarticulado popularizada nas películas, aprendeu a falar varios idiomas de forma fluída.
El só volve facer contacto cos seres humanos novamente unha vez que xa é grande. Neste período, aprende a falar francés e inglés e visita o mundo civilizado, pero despois rexéitao e volve á xungla. En historias posteriores cóntanse outras aventuras levadas a cabo por el, varias veces descubrindo civilizacións perdidas.
Tarzán é a encarnación moderna da antiga tradición literaria do "heroe criado por animais". Outros exemplos son Mowgli d´O libro da selva e O libro da selva 2 creado por Rudyard Kipling e os fundadores lendarios de Roma, Rómulo e Remo amamantados por unha loba.
A historia de Tarzán está baseada en ideas non científicas sobre a evolución e o "Darwinismo social" explorada na literatura popular dese período, tales como a de Jack London e Robert E. Howard.
Tarzán como personaxe literario
editarTarzán foi un dos personaxes literarios máis coñecidos do mundo. Apareceu en filmes, bandas deseñadas e programas de televisión. A maioría das películas de Hollywood con Tarzán, desde a década de 1930 en adiante, móstrano coa súa compañeira chimpancé Chita. O escritor de ciencia ficción Philip José Farmer escribiu Tarzan Alive! (Tarzán vive!), unha biografía de Tarzán utilizando o argumento que era unha persoa real. Tamén aparece como un personaxe menor no libro Lust, de Geoff Ryman. A pesar de que os dereitos de "Tarzán dos monos" son de dominio público nos Estados Unidos, todos os traballos de Burroughs manteranse baixo copyright na Unión Europea até o ano 2021, e o nome Tarzán é unha marca rexistrada. Na cidade de Tarzana, California Burroughs tiña o seu fogar, e por iso a cidade foi rebautizada en 1927 con ese nome na súa lembranza.
Libros con Tarzán
editarpor Edgar Rice Burroughs
editar- Tarzan of the Apes (1912)
- The Return of Tarzan (1913)
- The Beasts of Tarzan (1914)
- The Son of Tarzan (1915)
- Tarzan and the Jewels of Opar (1916)
- Jungle Tales of Tarzan (1916,1917)
- Tarzan the Untamed (1919,1921)
- Tarzan the Terrible (1921)
- Tarzan and the Golden Lion (1922,1923)
- Tarzan and the Ant Men (1924)
- Tarzan, Lord of the Jungle (1927,1928)
- Tarzan and the Lost Empire (1929)
- Tarzan at the Earth's Core (1930)
- Tarzan the Invincible (1930,1931)
- Tarzan Triumphant (1932)
- Tarzan and the City of Gold (1932)
- Tarzan and the Lion Man (1933,1934)
- Tarzan and the Leopard Men (1935)
- Tarzan's Quest (1935,1936)
- Tarzan and the Forbidden City (1938)
- Tarzan the Magnificent (1936,1937)
- Tarzan and the Foreign Legion (1947)
- Tarzan and the Madman (1964)
- Tarzan and the Castaways (1941,1940,1940)
- Para lectores novos
- Tarzan and the Tarzan Twins (1936,1963)
Por outros escritores
editar- Barton Werper
- Tarzan and the Silver Globe (1964)
- Tarzan and the Cave City (1964)
- Tarzan and the Snake People (1964)
- Tarzan and the Abominable Snowmen (1965)
- Tarzan and the Winged Invaders (1965)
As novelas deste autor nunca foron autorizadas por ERB, Inc. Foron sacadas de circulación e as copias que quedaban foron destruídas.
- Fritz Leiber
- Tarzan and the Valley of Gold (1966)
- Philip José Farmer
- Tarzan Alive (1972)
- The Dark Heart of Time: a Tarzan Novel (1999)
- ERB and Joe R. Lansdale
- Tarzan: the Lost Adventure (1995)
- R. A. Salvatore
- Tarzan: the Epic Adventures (1996)
Actores que foron Tarzán
editarPelículas
editar- Gordon Griffith 1918 (Tarzán novo)
- Elmo Lincoln 1918, 1918, 1921 (chamado o "primeiro" Tarzán, pero Gordon Griffith aparece primeiro na película)
- Gene Pollar 1920
- P. Dempsey Tabler 1920
- James Pierce 1927
- Frank Merrill 1928, 1929
- Johnny Weissmuller 1932, 1934, 1936, 1939, 1941, 1942, 1943, 1943, 1945, 1946, 1947, 1948
- Buster Crabbe 1933
- Herman Brix, despois coñecido como Bruce Bennett 1935, 1938
- Glen Morris 1938
- Lex Barker 1949, 1950, 1951, 1952, 1953
- Clint Walker 1954
- Gordon Scott 1955, 1957, 1958, 1958, 1959, 1960
- Denny Miller 1959
- Jock Mahoney 1962, 1963
- Ron Ely 1966, 1967, 1968, 1970
- Mike Henry 1966, 1967, 1968
- Miles O'Keeffe 1981
- Christophe Lambert 1984
- Casper Van Dien 1998
- Tony Goldwyn 1999 (como voz na película animada)
- Alex D. Linz 1999 (como voz na película animada)
TV
editar- Gordon Scott 1958
- Ron Ely 1966
- Joe Lara 1989
- Wolf Larson 1991
- Travis Fimmel 2003
Animación
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tarzán |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- https://web.archive.org/web/20051108022555/http://escena.ya.com/tarzana54/ Tarzán en películas, cómic etc.