Tatyana Alexeyevna Afanasyeva
Tatyana Alexeyevna Afanasyeva (en ruso Татьяна Алексеевна Афанасьева) nada en Kíiv o 19 de novembro de 1876 e finada en Leiden o 14 de abril de 1964, foi unha matemática de orixe rusa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Татьяна Алексеевна Афанасьева 19 de novembro de 1876 Kíiv, Ucraína |
Morte | 14 de abril de 1964 (87 anos) Leiden, Países Baixos |
Educación | Universidade de Gotinga Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría da probabilidade, matemáticas e física |
Ocupación | matemática, física, arquitecta |
Familia | |
Cónxuxe | Paul Ehrenfest (1906–) |
Fillos | Tatjana Pavlovna Ehrenfest, Galinka Ehrenfest |
Descrito pola fonte | 1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) |
Traxectoria
editarLogo da morte do seu pai, criouse cun tío en San Petersburgo, onde recibiu unha educación en escolas separadas por sexos, trasladándose á Universidade de Göttingen en 1902, onde coñece a Ehrenfest. Casaría con el en 1904 e en 1907 retornaría a San Petersburgo. En 1912 mudouse a Leiden, onde o seu home fora escolleito para suceder a H.A. Lorentz como profesor na Universidade de Leiden.
Tatyana colaborou á par co seu marido, como pode ser na revisión da mecánica estatística de Boltzmann[1]. Publicou moitos documentos de varios temas como a probabilidade[2] ou a entropía[3]. Tamén lle ensinaba xeometría a rapaces.
Vida persoal
editarCasou o 21 de decembro de 1904 co físico e matemático austríaco Paul Ehrenfest (1880-1933), con quen tivo dúas fillas e dous fillos. Súa filla Tatyana Pavlovna Ehrenfest tamén se convertería en matemática.
Notas
editar- ↑ P. Ehrenfest & T. Ehrenfest (1911) Begriffliche Grundlagen der statistischen Auffassung in der Mechanik, in: Enzyklopädie der mathematischen Wissenschaften mit Einschluß ihrer Anwendungen. Band IV, 2. Teil ( F. Klein and C. Müller (eds.). Leipzig: Teubner, pp. 3–90. Translated as The conceptual Foundations of the Statistical Approach in Mechanics. New York: Cornell University Press, 1959. ISBN 0-486-49504-3
- ↑ T. Ehrenfest-Afanassjewa, On the Use of the Notion "Probability" in Physics Am. J. Phys. 26: 388 (1958) Arquivado 30 de decembro de 2004 en Wayback Machine.
- ↑ T. Ehrenfest-Afanassjewa, Die Grundlagen der Thermodynamik (Leiden 1956)