Teón de Alexandría
Teón de Alexandría (en grego antigo Θέων ο Αλεξανδρεύς), 335 d.C. - 405 d.C., foi un matemático, astrónomo e mestre grego, o último director da Biblioteca de Alexandría, e pai de Hipatia.[1]
Nome orixinal | (grc) Θέων ο Αλεξανδρεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Θέων c. 335 (Gregoriano) Imperio Romano |
Morte | c. 400 (Gregoriano) (64/65 anos) Alexandría, Exipto |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, filosofía e astronomía |
Ocupación | matemático, astrónomo |
Período de tempo | Antigüidade tardía |
Período de actividade | (Con vida en: 364 ) |
Alumnos | Hipatia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Hipatia |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
O último filósofo da segunda Biblioteca de Alexandría
editarEstableceuse na cidade exipcia de Alexandría, xa nos derradeiros anos do período helenístico, onde escribiu un vasto comentario do Almaxesto de Tolomeo e dunha Catóptrica, que estaba baseada en obras de Arquimedes e de Herón. Tamén se lle atribúe a refundición da teoría dos Elementos e da Óptica de Euclides.
Teón foi o último director ou conservador da denominada segunda Biblioteca de Alexandría (edificio que estaba dentro do Museo de Alexandría; Teón é cualificado na Suda como o home do Museo). Deu á súa filla Hipatia unha educación completa en matemáticas, astronomía, filosofía e, incluso, educación física. Pai e filla colaboraron xuntos no comentario do Almaxesto.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Schiano, C. "Teone e il Museo di Alessandria", Quaderni di storia 55, páxs. 129-143.
- Teón. Hermógenes. Aftonio (1991): Ejercicios de retórica. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1469-1
- Tihon, Anne: Le 'Grand commentaire' de Théon d'Alexandrie aux 'Tables faciles' de Ptolémée, Livre I, Città del Vaticano 1985; Livre II, III, Città del Vaticano 1991.
p. 357.
- Tihon, Anne (1999): "Theon of Alexandria and Ptolemy's Handy Tables", in Ancient Astronomy and Celestial Divination. Dibner Institute studies in the history of science and technology. Edited by N. M. Swerdlow. Cambridge, MA: MIT Press, páx. 357.
- Toomer, G. J.: "Theon of Alexandria," in Dictionary of Scientific Biography, 13: 321–325.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F.: "Theon of Alexandria", MacTutor History of Mathematics archive, University of St Andrews (en inglés)