Team Katusha-Alpecin
O Team Katusha (en ruso: Катюша, código UCI: KAT) é un equipo ciclista ruso que compite na categoría UCI WorldTour, fundado no ano 2009. O equipo emprega bicicletas da marca xermana Canyon.
Historia
editarO equipo presentouse oficialmente o 24 de decembro de 2008 en Moscova. O equipo foi creado na base da do equipo Tinkoff Credit Systems, organizado pola fundación Proxecto de Ciclismo Global Ruso e finaciado por empresas rusas como Gazprom, Itera ou Rostechnologii.
O equipo comezou a funcionar cun grande orzamento de 15 millóns de euros. Na primeira tempada, o equipo fichou a ciclistas como Robbie McEwen, Vladimir Karpets, Filippo Pozzato ou Gert Steegmans. A primeira competición que disputou o Team Katusha foi o Tour Down Under do 2009.
Na tempada 2009, o equipo conseguiu un total de 23 vitorias. Algunhas das vitorias máis importantes foron o primeiro posto de Sergei Ivanov na Amstel Gold Race ou os triunfos de Filippo Pozzato no Campionato Italiano de Ciclismo en Ruta e no Giro do Veneto.
Despois da tempada 2012, o Team Katusha perdeu a licenza UCI WorldTour a pesar de que o equipo quedou de segundo na clasificación por equipos da UCI WorldTour 2012 e de que o campión da clasificación individual (Joaquim Rodríguez) estaba no conxunto. Por estas razóns, o Katusha apelou a decisión da UCI ao Tribunal de Arbitraxe para o Deporte. Este último anunciou o 15 de febreiro de 2013 que a decisión da UCI foi anulada e que o Team Katusha participaría no UCI WorldTour 2013.
Vitorias notables
editarDende a creación no ano 2009, os ciclistas do equipo conseguiron bastantes vitorias. Algunhas das máis importantes son: 19 etapas nas Grandes Voltas, 2 monumentos ciclistas, a Milán-Sanremo 2014 ou o Tour de Flandres 2015.
Campionatos nacionais
editarEquipo
editarNo 1 de xaneiro de 2015
Ciclista | Nacemento |
---|---|
Maxim Belkov | 9 de xaneiro de 1985 |
Sven Erik Bystrøm | 21 de xaneiro de 1992 |
Giampaolo Caruso | 15 de agosto de 1980 |
Sergey Chernetskiy | 9 de decembro de 1990 |
Jacopo Guarnieri | 14 de agosto de 1987 |
Marco Haller | 1 de abril de 1991 |
Vladimir Isaichev | 26 de abril de 1986 |
Pavel Kochetkov | 7 de marzo de 1986 |
Alexandr Kolobnev | 4 de maio de 1981 |
Dmitry Kozonchuk | 5 de abril de 1984 |
Alexander Kristoff | 5 de xullo de 1987 |
Vyacheslav Kuznetsov | 24 de xuño de 1989 |
Sergey Lagutin | 14 de xaneiro de 1981 |
Alberto Losada | 28 de febreiro de 1982 |
Tiago Machado | 18 de outubro de 1985 |
Daniel Moreno | 5 de setembro de 1981 |
Luca Paolini | 17 de xaneiro de 1977 |
Alexander Porsev | 21 de febreiro de 1986 |
Joaquim Rodríguez | 12 de maio de 1979 |
Rüdiger Selig | 19 de febreiro de 1989 |
Egor Silin | 25 de xuño de 1988 |
Gatis Smukulis | 15 de abril de 1987 |
Simon Špilak | 23 de xuño de 1986 |
Yuri Trofimov | 26 de xaneiro de 1984 |
Alexei Tsatevich | 5 de xullo de 1989 |
Ángel Vicioso | 13 de abril de 1977 |
Eduard Vorganov | 1 de decembro de 1982 |
Anton Vorobyev | 12 de outubro de 1990 |
Ilnur Zakarin | 15 de setembro de 1989 |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficialArquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.