Teleférico do Porto de Barcelona
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
O Teleférico do Porto de Barcelona (en catalán: Telefèric del Port) é un transbordador aéreo da cidade de Barcelona. Une a zona de Miramar da montaña de Montjuïc coa torre Jaume I, situada xunto ao World Trade Center do Port Vell, e a torre Sant Sebastià, situada xunto á praia. Boa parte do percorrido, de 1.303 metros, realízase por enriba das augas do porto, sen grandes pendentes e co seu punto máis alto na torre Jaume I, na metade do percorrido.
É obra do arquitecto Carles Buïgas, que con motivo da Exposición Internacional de Barcelona de 1929 quería crear un sistema para conectar rapidamente os pavillóns de Montjuïc coa zona portuaria da cidade. Non obstante, por falta de capital, as obras non se remataron a tempo para a exposición, entrando en servizo en 1931.
O teleférico é utilizado basicamente polos turistas que visitan Barcelona, polas boas vistas da cidade dende o seu interior. O aéreo está xestionado por unha compañía privada, Teleféricos de Barcelona S.A.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teleférico do Porto de Barcelona |
Outros artigos
editar