Terceiro xénero
Os termos terceiro sexo e terceiro xénero serven para describir individuos que se considera que non son nin homes nin mulleres, do mesmo xeito que a categoría social presente naquelas sociedades que recoñecen tres ou máis xéneros.
O estado de non ser nin masculino nin feminino pode entenderse en relación ao sexo, rol xenérico, identidade de xénero ou orientación sexual do individuo. En diferentes culturas (ou para diferentes individuos), un terceiro sexo ou xénero pode representar un estado intermedio entre homes e mulleres, un estado no que se é ámbolos dous (algo así como "o espírito dun home no corpo dunha muller"), un estado no que non se é ningún, a habilidade de cambiar de xénero, ou unha categoría totalmente independente do masculino e o feminino. Esta última definición é a escollida por aqueles que argumentan por unha interpretación estrita do concepto de "terceiro xénero".
Este termo empregouse para describir os hijras da India e Paquistán[1] os mahu da Polinesia, os muxe' Zapotecas de México e as virxes xuradas dos Balcáns,[2], entre outros. Tamén é empregado por moitos grupos e individuos para describirse a si mesmos. No Occidente, as persoas lesbianas, gais, transxénero e intersexuais foron descritos como pertencentes a un terceiro sexo ou xénero, aínda que algúns poñen obxeccións a esta caracterización.
O termo "terceiro" enténdese como o "outro"; algúns antropólogos describiron un cuarto,[3] [4] quinto,[5] e ata moitos máis xéneros.[6]
O terceiro sexo na bioloxía
editarNos animais que presentan un dimorfismo sexual, un pequeno número de individuos dunha poboación non se diferenciarán sexualmente no seu desenvolvemento en corpos tipicamente masculinos ou femininos. Isto pode denominarse hermafroditismo ou (especialmente en humanos) intersexualidade. A incidencia varía dunha poboación a outra e tamén varía dependendo en como se entenden a masculinidade e a feminidade. A bióloga e teórica do xénero Anne Fausto-Sterling propuxo nun artigo de 1993 que sería máis axeitado falar de cinco sexos no canto de dous para describir os corpos humanos.[7]
Ademais de que, pola morfoloxía do sexo, o biólogo transexual Joan Roughgarden argumenta que nalgunhas especies animais non humanas pode haber máis de dous xéneros. Suxire que cun sexo biolóxico determinado, poden existir múltiples posibilidades de conduta ao alcance dos organismos individuais.[8] Especies cun sexo feminino e dous masculinos inclúen o cervo que ten dúas formas masculinas, unha con cornos e outra sen eles, así como varias especies de peixes como os pertencentes ao xénero Porichthys e o Oncorhynchus kisutch.[9] Especies cun tipo de femia e tres sexos masculinos inclúen o Lepomis macrochirus, onde catro tipos distintos en canto a cor e tamaño exhiben comportamentos sociais e reprodutivos diferentes, así como o Symphodus ocellatus, o Oreochromis mossambicus, un cíclido, e un tipo de lagarto, o Urosaurus ornatus.[10] Especies con dous tipos de machos e dous tipos de femias inclúen o pardal de pescozo branco, no que as formas masculinas e femininas posúen ou ben raias brancas ou raias marróns. Os individuos de raias brancas son máis agresivos e defenden un territorio, mentres cos individuos de raias castañas dícanse máis aos coidados parentais. Un 90% das parellas que crían son entre pardais de raias brancas e castañas.[11] Finalmente, o maior número de formas, «sexos» ou «xéneros» dentro dunha especie atópase entre as utas, que ten en total cinco formas: machos de gorxa laranxa, que son «ultradominantes, de alta testosterona», controladores de varias femias; machos de gorxa azul, que son menos agresivos e gardan só unha femia; machos de gorxa amarela, que non defenden territorios en absoluto e agrípanse ao redor dos territorios dos machos de pescozo laranxa; femias de pescozo laranxa, que poñen ovos pequenos e son moi territoriais; e femias de pescozo amarelo, que poñen menos ovos e son máis tolerantes entre elas.[12]
O terceiro xénero nas sociedades contemporáneas
editarDende polo menos a década de 1970, os antropólogos describiron as categorías de xénero nalgunhas culturas nas que non podían realizar explicacións axeitadas empregando un marco de referencia de dous xéneros[13]. Ao mesmo tempo, as feministas comezaron a establecer unha separación entre o sexo (biolóxico) e o xénero (social/psicolóxico). Teóricos do xénero contemporáneos adoitan argumentar que o sistema de dous xéneros non é nin innato nin universal. Un sistema de sexo/xénero que só recoñece as seguintes dúas normas sociais foi denominado «heteronormatividade»:
- xenitais femininos = identidade feminina = conduta feminina = desexo de parella masculina.
- xenitais masculinos = identidade masculina = conduta masculina = desexo de parella feminina.
Notas
editar- ↑ Agrawal, Anuja (1997). Gendered Bodies: The Case of the "Third Gender" in India, Contributions to Indian Sociology, n.s., 31 (1997): 273-97
- ↑ Young, Antonia (2000). Women Who Become Men: Albanian Sworn Virgins. ISBN 1-85973-335-2
- ↑ Roscoe, Will (2000). Changing Ones : Third and Fourth Genders in Native North America. Palgrave Macmillan (17 de xuño de 2000) ISBN 0-312-22479-6
- ↑ Véxase tamén: Trumbach, Randolph (1994). London´s Sapphists: From Three Sexes to Four Genders in the Making of Modern Culture. In Third Sex, Third Gender: Beyond Sexual Dimorphism in Culture and History, edited by Gilbert Herdt, 111-36. New York: Zone (MIT).
- ↑ Graham, Sharyn (2001), Sulawesi's fifth gender Arquivado 18 de xuño de 2006 en Wayback Machine., Inside Indonesia, Abril-Xuño 2001.
- ↑ Martin, M. Kay and Voorhies, Barbara (1975). Supernumerary Sexes, chapter 4 of Female of the Species (New York: Columbia University Press, 1975), 23.
- ↑ Fausto-Sterling, Anne (Maio/Abril 1993). "The Five Sexes: Why male and female are not enough". The Sciences 33 (2): 20-25..
- ↑ Roughgarden, Joan (2004). Evolution's Rainbow: Diversity, Gender, and Sexuality in Nature and People. University of California Press. ISBN 0-520-24073-1
- ↑ Ibid, p. 76 - 78
- ↑ pp. 78 - 88
- ↑ Ibid, pp 89 - 90
- ↑ Ibid, pp. 90 - 93
- ↑ ="Martin"
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fausto-Sterling, Anne (2000-07-08). "T he F ive S exes , R evisited". The Sciences (en inglés) 40 (4): 18–23. doi:10.1002/j.2326-1951.2000.tb03504.x. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 16 de maio de 2019.