Termodinámica de equilibrio

A termodinámica de equilibrio trata de sistemas en equilibrio, considérase que un sistema termodinámico está en equilibrio termodinámico se a súa distribución de enerxía é igual á distribución de Maxwell-Boltzmann. Iso permite unha única temperatura en todo sistema.

A 0 °C, o xeo está en equilibrio termodinámico coa auga.

Un sistema illado está en equilibrio cando as súas propiedades macroscópicas permanecen constantes no tempo pero un non illado so está en equilibrio se as propiedades do sistema permaneceren constantes ó longo do tempo e de eliminar o contacto do sistema co seu arrededor.

Hai tres tipos de equilibrio que se deben dar para que se dea equilibrio termodinámico:

  • Equilibrio mecánico, cando as forzas que actúan sobre o sistema como as existentes no seu interior están equilibradas, polo que non hai aceleración no sistema
  • Equilibrio material, non se producen reaccións químicas globais no sistema nin hai transferencia neta de materia desde unha parte do sistema a outra
  • Equilibrio térmico, non pode existir variación nas propiedade do sistema ou arredores cando están separados por unha parede termicamente condutora.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
mac 1
os 10
todo 2