A Terra de Rupert (Rupert's Land) é o nome dunha antiga posesión británica en América do Norte, que abrangue gran parte do territorio da actual Canadá.

Modelo:Xeografía políticaTerra de Rupert
Imaxe

EpónimoPríncipe Rupert do Reno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 57°00′N 92°18′O / 57, -92.3
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1670 Editar o valor en Wikidata
Disolución15 de xullo de 1870 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porTerritorios do Noroeste Editar o valor en Wikidata

Terra de Rupert.

Historia

editar

Pertencía orixinalmente á Compañía da Baía de Hudson, e recibiu o seu nome do príncipe Ruperto do Reno, sobriño de Carlos I, e primeiro gobernador da compañía.

Os estatutos outorgados á compañía por Carlos II concedíanlle o monopolio sobre a conca hidrográfica de todos os ríos e arroios que desembocan na baía de Hudson, unha área de 3,9 millóns de km², máis dun terzo do actual territorio canadense.

A Compañía do Noroeste de Montreal e a Compañía da Baía de Hudson fusionáronse en 1821, pasando a controlar un territorio maior, que máis tarde se estendería até as costas árticas no norte e o océano Pacífico ao oeste.

En 1870 foi abolido o monopolio da compañía, e autorizouse o comercio libre na rexión. A compañía cedeu a Terra de Rupert e o Territorio Noroeste á Confederación Canadense.

Igrexa Anglicana

editar

Terra de Rupert é tamén o nome dunha provincia eclesiástica da Igrexa Anglicana do Canadá, que abarca as pradeiras canadenses e gran parte da zona ártica. Ademais, é tamén o nome da diocese anglicana en Manitoba.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2