Terry Porter, nado o 8 de abril de 1963 en Milwaukee, Wisconsin, é un adestrador e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante dezasete tempadas na NBA. Actualmente é adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves. Con 1,91 metros de estatura, xogaba na posición de base.

Modelo:BiografíaTerry Porter

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMilwaukee Editar o valor en Wikidata
EducaciónSouth Division High School (en) Traducir
University of Wisconsin–Stevens Point (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Phoenix Suns
Minnesota Timberwolves
Miami Heat
Milwaukee Bucks
Sacramento Kings
San Antonio Spurs
1985–1995 Portland Trail Blazers (Base)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016– Portland Pilots men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMalcolm Porter, Franklin Porter Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria deportiva

editar

Profesional

editar

Porter foi elixido no posto 24 do Draft da NBA de 1985 polos Portland Trail Blazers, onde xogou durante dez tempadas, e disputou dúas finais da NBA. Antes do comezo da tempada 1995-96, Porter asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, a quen axudou a clasificarse por primeira vez para os Playoffs na tempada 1996-97, e a conseguir a primeira tempada da historia da franquía con récord positivo ó seguinte ano.

Asinou cos Miami Heat antes da tempada 1998-99, e cos San Antonio Spurs antes da 1999-00. Retirouse tras a tempada 2001-02, sen ser traspasado ningunha vez na súa carreira na NBA. En 1.274 partidos, Porter acadou 12.2 puntos, 5.6 asistencias e 1.24 roubos, incluíndo dúas participacións no All-Star Game da NBA (1991, 1993), dúas Finais da NBA (1990, 1992) e 15.586 puntos na súa carreira.

O 16 de decembro de 2008, os Portland Trail Blazers retiraron o dorsal número 30 de Porter.[1]

Adestrador

editar

Na primeira tempada da súa etapa coma adestrador, Porter pasou a tempada 2002-03 coma adestrador asistente dos Sacramento Kings.

O 6 de agosto de 2003, foi contratado coma adestrador principal dos Milwaukee Bucks. Adestrou ós Bucks durante dous anos, antes de ser despedido durante a postempada de 2005. Tras unha tempada sen adestrar, fichou polos Detroit Pistons coma adestrador asistente para a tempada 2006-07.

O 9 de xuño de 2008, Porter foi contratado coma adestrador dos Phoenix Suns.[2] O 16 de febreiro de 2009, os Suns despediron a Porter tras 51 partidos.

O 6 de decembro de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 1
todo 1