Tesitura

intervalo de notas dun instrumento ou utilizábeis na voz humana

En música, o termo tesitura (do italiano tessitura) fai referencia á zona da extensión de sons de frecuencia determinada que é capaz de emitir unha voz humana, ou un instrumento musical. Adóitase indicar sinalando o intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda que un determinado instrumento ou voz é capaz de emitir.

Forma de indicar a tesitura do clarinete soprano en Si b.

Tamén pode estar referido especificamente á parte da voz dun cantante na que se produce a mellor calidade sonora e un timbre máis adecuado.

A tesitura no canto

editar

Frecuentemente, na voz humana distínguese entre a tesitura e a extensión vocal. A extensión vocal, é dicir, a extensión sonora da voz, é o marco de frecuencias realizables, sen considerar volume e calidade do son. En voces sas, comunmente é de dúas oitavas ou máis. O termo tesitura úsase para denominar á parte da extensión vocal na cal se poden realizar sons controlables e utilizables musicalmente.

As características para definir a tesitura dunha voz son:

As tesituras de cantantes profesionais en ópera deben ser de dúas oitavas ou máis; en tenores un pouco menos de dúas oitavas. Dentro das voces chamadas guturais, tan usadas no black metal e outros estilos, atópanse notas non alcanzables pola voz humana normal. Segundo Peter-Michael Fischer, a tesitura do cantante comeza unha cuarta xusta (cinco semitóns) por encima da súa nota máis grave posible (o seu «cero fónico») e chega ata unha cuarta por baixo da nota máis aguda da voz («límite fónico»).[1]

Para clasificar voces para o uso coral, distínguense catro grupos principais, cuxa tesitura é menor que dúas oitavas, para poder incluír voces menos preparadas:

  1. Fischer, Peter-Michael (1998). Die Stimme des Sängers (en alemán). Stuttgart: Metzler. p. 97. ISBN 3-4760-1604-8. 

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1