The Beatles (álbum)

álbum musical de The Beatles

The Beatles é o noveno álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 22 de novembro de 1968 a través do selo Apple Records. Trátase dun álbum dobre, e é coñecido como "The White Album" (o álbum branco) xa que a súa capa branca non contén imaxes ou texto agás o nome da banda (e un número de serie nas primeiras edicións en vinilo e CD).

The Beatles
Álbum de The Beatles
Publicado22 de novembro de 1968
Gravación30 de maio - 14 de outubro de 1968
Estudio(s)EMI e Trident Studios, Londres
Duración93:35
Xénero(s)rock
Selo(s)Apple Records
ProdutorGeorge Martin
Cronoloxía
Magical Mystery Tour The Beatles Yellow Submarine
Na rede
Spotify: 1klALx0u4AavZNEvC4LrTL Last fm: The+Beatles/The+Beatles Discogs: 46402 Allmusic: mw0000418113 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O álbum foi composto durante un período de confusión para o grupo, despois de visitar a Maharishi Mahesh Yogi na India e de ter unha sesión de composición particularmente produtiva a comezos de 1968. De volta ao estudio, o grupo gravou dende maio ata outubro dese ano. Ringo Starr deixou a banda durante un breve período de tempo, deixando que Paul McCartney tocase a batería en dúas cancións.

Tras o seu lanzamento en novembro de 1968, o álbum foi aclamado en case todo o mundo e acadou o número 1 nas listas do Reino Unido e dos Estados Unidos. O disco destaca pola natureza ecléctica das súas cancións, cousa que dividíu aos críticos á hora de avaliar o seu legado. O álbum vendeu ao redor dos 30 millóns de copias en todo o mundo e foi listado no número 10 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbum de todos os tempos"[1]. En 1987, como parte do seu 20 aniversario, Rolling Stone colocouno no número 9 da lista dos "100 mellores álbums dos últimos vinte anos".

Antecedentes

editar

O álbum foi o primeiro que os Beatles realizaron tras a morte do seu representante, Brian Epstein, e o primeiro publicado polo seu propio selo, Apple Records.

A meirande parte das cancións foron concibidas durante un curso de meditación transcendental con Mahesh Yogi en Rishikesh, India, na primavera de 1968. O retiro requirira longo períodos de meditación, inicialmente concibidos pola banda como un respiro espiritual de todos os feitos mundanos, segundo as palabras de John Lennon, para "alonxarse de todo". Tanto Lennon como Paul McCartney rapidamente atopáronse en modo compositor, e miúdo reuníanse "clandestinamente polas tardes nas súas habitacións" para revisar o novo traballo. "Independentemente do que se supoñía que debía facer", Lennon recordaría máis tarde, "escribín algunhas das miñas mellores cancións alí". Preto de cuarenta novas composicións xurdiron de Rishikesh, vinte e tres das cales serían gravadas nunha forma moi básica en Kinfauns, a casa de George Harrison en Esher, no mes de maio de 1968.

The Beatles deixaron Rishikesh antes do final do curso, saíndo primeiro Starr, McCartney, e por último Lennon e Harrison xuntos. Segundo algúns informes, Lennon deixou Rishikesh porque se sentiu traizoado persoalmente polos rumores de que Maharishi lle fixera proposicións sexuais á irmá de Mia Farrow, Prudence, que acompañara á banda na súa viaxe. Pouco despois de que decidise marchar, Lennon compuxo unha canción chamada "Maharishi" que dicía na letra, "Maharishi/You little twat" (Maharishi/pequeno idiota); o tema converteríase en "Sexy Sadie". Segundo varios autores, Alexis Mardas (coñecido como "Magic Alex") creara deliberadamente eses rumores coa intención de socavar a influencia de Maharishi sobre os membros da banda. Nunha entrevista no ano 1980, Lennon admitiu que Maharishi fora a inspiración para a canción.

O título de traballo do disco, A Doll's House, foi cambiado cando a banda inglesa de rock progresivo Family publicou o álbum cun título semellante Music in a Doll's House a principios dese ano.

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Lennon–McCartney, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Back in the U.S.S.R."  McCartney 2:43
2. "Dear Prudence"  Lennon 3:56
3. "Glass Onion"  Lennon 2:17
4. "Ob-La-Di, Ob-La-Da"  McCartney 3:08
5. "Wild Honey Pie"  McCartney 0:52
6. "The Continuing Story of Bungalow Bill"  Lennon con Starr e Yoko Ono 3:14
7. "While My Guitar Gently Weeps" (George Harrison)Harrison 4:45
8. "Happiness Is a Warm Gun"  Lennon 2:43
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Martha My Dear"  McCartney 2:28
2. "I'm So Tired"  Lennon 2:03
3. "Blackbird"  McCartney 2:18
4. "Piggies" (Harrison)Harrison 2:04
5. "Rocky Raccoon"  McCartney 3:33
6. "Don't Pass Me By" (Richard Starkey)Starr 3:51
7. "Why Don't We Do It in the Road?"  McCartney 1:41
8. "I Will"  McCartney 1:46
9. "Julia"  Lennon 2:54
Cara 3
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Birthday"  McCartney with Lennon 2:42
2. "Yer Blues"  Lennon 4:01
3. "Mother Nature's Son"  McCartney 2:48
4. "Everybody's Got Something to Hide Except Me and My Monkey"  Lennon 2:24
5. "Sexy Sadie"  Lennon 3:15
6. "Helter Skelter"  McCartney 4:29
7. "Long, Long, Long" (Harrison)Harrison 3:04
Cara 4
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Revolution 1"  Lennon 4:15
2. "Honey Pie"  McCartney 2:41
3. "Savoy Truffle" (Harrison)Harrison 2:54
4. "Cry Baby Cry"  Lennon, with McCartney 3:02
5. "Revolution 9"  falando Lennon, Harrison, George Martin e Yoko Ono 8:22
6. "Good Night"  Starr 3:13
  NODES
todo 6