The Breeders é unha banda de rock alternativo formada por Kim Deal (membro dos Pixies) e Tanya Donelly (de Throwing Muses). Activa desde 1988, experimentou varios cambios na súa formación, e na actualidade está composta por Kim Deal (voz e guitarra), a súa irmá xemelga Kelley Deal (guitarra e coros), José Medeles (batería e percusión), Mando López (baixo) e Cheryl Lyndsey (guitarra). O seu segundo álbum, Last Splash (1993), foi o máis éxitoso dos catro que editaron, acadando o posto 33 na lista Billboard.

The Breeders
OrixeBoston, Massachusetts,
Período1989 - 1995
1996 - 2003
2008 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)4AD, Elektra
MembrosKim Deal
Kelley Deal
Josephine Wiggs
Jim Macpherson
Antigos membrosTanya Donelly
Carrie Bradley
Richard Presley
Nate Farley
Britt Walford
Jose Medeles
Mando Lopez
Na rede
breedersdigest.net
IMDB: nm1629759 Facebook: thebreeders Twitter: thebreeders Instagram: thebreeders MySpace: thebreeders Youtube: UCppjZczkZey544xDao8-jPw Souncloud: thebreeders Spotify: 1xgFexIwrf2QjbU0buCNnp iTunes: 790125 Last fm: The+Breeders Musicbrainz: 667e856e-f3a7-42e9-8244-95422ef31321 Songkick: 184416 Discogs: 39778 Allmusic: mn0000620495 Deezer: 1625 Genius: The-breeders Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Formación

editar

O grupo formouse en 1988 en Boston, Massachusetts. Kim Deal (que asinaba como Mrs. John Murphy na época) tocaba o baixo nos Pixies e decidira iniciar un proxecto paralelo onde ela tivese máis autonomía para poñer en práctica a súa enerxía creativa e, en certo modo, deixar de ser a "sombra creativa" de Frank Black (na época Black Francis) nos Pixies.

Kim chamou a Tanya Donelly, integrante de Throwing Muses, banda tamén de Boston que tiña moito prestixio no underground estadounidense, sendo a primeira banda dese país en asinar co renomado selo británico 4AD. Tanya e Kim coñecéronse nun club en Boston en 1988 cando as dúas compositoras "frustradas" decidiran formar a súa propia banda. Elas pasaron os dous anos seguintes ensaiando e contando con varias formacións diferentes onde só as dúas líderes eran os integrantes efectivos. O nome escollido para a banda foi The Breeders, mesmo nome que Kim usaba en presentacións de música folk ao lado da súa irmá Kelley varios anos antes en Dayton, Ohio.

A banda gravou unha demo despois de recrutar á violinista e vocalista Carrie Bradley, e contando coa axuda de catro baterías e do baixista Ray Halliday. Unha vez rematada realizaron un concerto en The Rathskeller en Boston. O grupo envioulle a demo ao selo 4AD xa que era o que levaba tanto aos Pixies coma a Throwing Muses, e finalmete asinaron un contrato.

The Breeders quería regravar a demo para editala. 4AD entregoulles 11.000 dólares e contrataron a Steve Albini, que xa traballara con Deal no álbum dos Pixies Surfer Rosa, para gravar en Edimburgo durante dúas semanas. Josephine Wiggs, de The Perfect Disaster, uniuse á banda como baixista. The Breeders estaban aínda sen batería, polo que Albini recomendoulles a Britt Walford de Slint para que realizase as sesións de gravación. Walford aceptou e gravou as baterías, uníndose posteriormente a The Breeders co nome ficticio "Shannon Doughton".

Pod gravouse en só unha semana, polo que a banda usou o tempo restante en gravar varias caras-b, unha Peel Session e un vídeo para "Hellbound". Editado o 28 de maio de 1990, Pod, a pesar de non ser un éxito comercial, recibiu críticas moi positivas.

Safari e Last Splash

editar

Despois de Pod, The Breeders regresaron aos seus proxectos. Pixies lanzou Bossanova en 1990 e Trompe le Monde en 1991, pero a finais dese ano baixaron o seu ritmo de actividade. Deal negouse a achegar material a un álbum dos Pixies, compoñendo unicamente para editar con The Breeders. A banda gravou o EP Safari a finais de 1991, xa coa irmá xemelga de Kim, Kelley Deal, na guitarra. Despois de gravar o EP, Donelly deixou a banda para formar Belly. Pixies parou as súas actividades a mediados de 1992, polo que Deal continuou compoñendo novo material para The Breeders. Nese tempo Walford era moi remiso a ser identificado como parte de The Breeders, e foi substituído polo batería Jim MacPherson. A banda xa se convertera nun equipo a tempo completo e foi abreconcertos de Nirvana na súa xira europea de 1992.

Coa separación dos Pixies en xaneiro de 1993, The Breeders regresaron ao estudio para gravar o seu segundo álbum. Last Splash apareceu no mes de agosto dese ano e foi un éxito comercial. Editáronse tres sinxelos do mesmo, incluído "Cannonball", que acadou o número 2 da Billboard Modern Rock Charts. Grazas a isto a súa popularidade aumentou, en 1994 Last Splash foi certificado platino pola RIAA e a bandaasegurou o seu posto na xira Lollapalooza.

En 1995, Kelley Deal estivo involucrada nunha redada de drogas, polo que Kim Deal formou o proxecto paralelo The Amps con MacPherson, o baixista Luis Lerma e o guitarrista Nate Farley, que posteriormente tocaría en Guided by Voices. The Amps editaron o álbum Pacer en outubro de 1995. Despois da súa rehabilitación, Kelley iniciou o proxecto Kelley Deal 6000 e tamén formou The Last Hard Men co vocalista de Skid Row Sebastian Bach, o batería de The Smashing Pumpkins Jimmy Chamberlin e Jimmy Flemion de The Frogs.

En 1996 Kim Deal recuperou o nome de The Breeders para unha serie de concertos en California. A formación da banda nos mesmo era esencialmente a de The Amps xunto coa violinista Carrie Bradley. A banda intentou gravar o seu terceiro álbum en 1997, pero sen éxito. Kelley Deal regresou ao grupo o ano seguinte e gravou temas coa súa irmá, aínda que o único material editado durante ese período foi unha versión de The Three Degrees aparecida na película The Mod Squad en 1999.

Title TK

editar

As irmás Deal recrutaron a novo persoal para continuar actuando no ano 2001, e volveron ao estudio co guitarrista Richard Presley, o baixista Mando Lopez e o batería Jose Medeles para gravar o terceiro álbum da banda, Title TK, con Steve Albini. The Breeders foron chamados e principios do 2002 pata actuar nun capítulo da serie Buffy the Vampire Slayer. O episodio emitiríase por vez primeira o 5 de novembro dese ano.

The Breeders contribuíron co tema "Wicked Little Town: Hedwig Version" ao álbum tributo a Hedwig and the Angry Inch Wig in a Box, aparecido no ano 2003.

No 2004, Warner Music Group anunciou os seus plans de botar a The Breeders do seu selo despois das pobres vendas do álbum Title TK.

Mountain Battles

editar

O seu cuarto álbum, Mountain Battles, lanzouse en abril do ano 2008 a través do selo 4AD. Nel aparecen Kim e Kelley Deal, Jose Medeles e Mando Lopez. O seu terceiro EP, Fate to Fatal, sería editado o 21 de abril do 2009.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Pod 1990 4AD
Last Splash 1993 4AD
Title TK 2002 4AD
Mountain Battles 2008 4AD
All Nerve 2018 4AD

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1