The Notebook (filme)
The Notebook é un filme romántico e dramático dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2004. Baséase no libro The Notebook do escritor norteamericano Nicholas Sparks. Está protagonizado por Ryan Gosling e Rachel McAdams, que interpretan á parella de mozos que se namoran na década de 1940. A súa historia é narrada dende o presente por un home maior (interpretado por James Garner) que lle le a historia a unha compañeira da residencia (interpretada por Gena Rowlands).
The Notebook | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Notebook |
Director | Nick Cassavetes |
Produtor | Mark Johnson Lynn Harris |
Guión | Jeremy Leven |
Baseado en | The Notebookde Nicholas Sparks |
Intérpretes | Ryan Gosling Rachel McAdams James Garner Gena Rowlands |
Música | Aaron Zigman |
Fotografía | Robert Fraisse |
Montaxe | Alan Heim |
Estudio | Avery Pix |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 20 de maio de 2004 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romántica |
Orzamento | $29.000.000 |
Recadación | $115.603.229 |
Na rede | |
http://www.thenotebookmovie.com/ | |
The Notebook recibiu críticas diversas, mais tivo boa acollida do público e foi nomeado a varios galardóns, gañando oito Teen Choice Awards, un Satellite Award e un MTV Movie Award. Ós poucos, foise convertendo nun filme de culto.[1][2] O 11 de novembro de 2012, ABC Family estreou unha versión estendida con escenas eliminadas.[3]
Argumento
editarUn ancián vaille contando unha historia a unha anciá que ten alzhéimer.
A historia está ambientada nos anos corenta. Unha moza adolescente, Allie Hamilton, de familia adiñeirada, vai pasar o verán canda a súa familia á cidade costeira de Seabrook, onde coñecerá a un rapaz, traballador dunha fábrica, de familia humilde, chamado Noah Calhoun, co que vivirá un romance estival intenso. A familia de Allie non está de acordo coa relación, e incluso adiantarán a fin das súas vacacións para rompela. Logo, durante un ano, Noah estaralle escribindo unha carta por día a Allie, mais esta nunca recibirá as misivas, pois serán todas interceptadas pola súa nai. Noah e Allie perderán o contacto seguindo as súas vidas por separado.
Sete anos despois, cando Allie está probando o seu vestido de voda (vai casar con Lon, un home de boa clase social), olla no xornal unha fotografía de Noah e decide volver ao pobo onde se coñeceran e no que Noah aínda vive. Con todo, ao final Allie e Noah viven felices xuntos.
Allie é a vella con alzhéimer e el o ancián que lle le a historia para que recorde quen é.
Personaxes
editar- Ryan Gosling como Noah Calhoun
- Rachel McAdams como Allison "Allie" Hamilton
- James Garner como Noah Calhoun de maior / "Duke"
- Gena Rowlands como Allie Calhoun de maior
- Joan Allen como Ann Hamilton
- James Marsden como Lon Hammond, Jr.
- Jamie Brown como Martha Shaw
- Sam Shepard como Frank Calhoun
- David Thornton como John Hamilton
- Kevin Connolly como Fin
- Heather Wahlquist como Sara Tuffington
- Ed Grady como Harry
- Obba Babatunde como Líder da banda
- Mark Johnson como Fotógrafo
- Starletta DuPois como Enfermeira Esther
- William Sattelberg como Dobre de acción de Ryan Gosling
Rodaxe
editarA rodaxe comezou o 7 de novembro de 2002 en Carolina do Sur cun orzamento de 30 millóns de dólares e prolongouse até febreiro de 2003. Nick Cassavetes buscou incansablemente o lugar perfecto para rodar a película. O produtor Mark Johnson explicaba que a película requiría unha pequena cidade do sur nunha contorna tranquila e rural, xa que a novela de Nicholas Sparks está ambientada en Newburn, Carolina do Norte, pero cando visitaron a zona de Charleston aos produtores gustoulles o sitio, así que trasladaron alí a historia.
Ambientaron logo a película no contorna costeira de Carolina nos anos corenta, foi rodada case en toda a súa totalidade en localizacións de Carolina do Sur: nas cidades de Charleston e Georgetown, a illa de Edisto, a base naval de Charleston, varias exuberantes plantacións e os Cypress Gardens do condado de Berkeley.
Diferenzas coa novela
editar- Na novela, Noah e Allie vólvense a ver tras 14 anos, no filme son 7.
- Na novela, Allie e Noah coñecéronse no verán de 1932, mentres que na película foi nos anos 40.
- Na novela Allie convértese nunha artista internacional.
- Noah escríbelle a Allie 365 cartas (unha diaria) na película, na novela redáctalle unha ao mes.
- Na novela, o pai de Allie é quen se opón á relación, en cambio, na película é a nai.
- Na novela, Allie xa tiña noivo denantes de coñecer a Noah.
- Na novela, Fin (o amigo de Noah) estaba enamorado de Allie.
Galardóns
editarA película recibiu 12 premios e 3 nomeamentos.
Premios
editarCandidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Nick Cassavetes | Mellor película dramática | Gañador | 2005 |
Ryan Gosling | Mellor actor revelación masculino | Gañador | 2005 |
Ryan Gosling | Mellor actor dramático | Gañador | 2005 |
Rachel McAdams | Mellor actriz dramática | Gañadora | 2005 |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor química entre actores | Gañadores | 2005 |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor escena de amor | Gañador | 2005 |
- Mtv Movie Award
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor bico | Gañadores | 2005 |
Rachel McAdams | Mellor actriz feminina | Gañadora | 2005 |
- Screen Actors Guild Awards
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
James Garner | Mellor actor secundario | Gañador | 2005 |
- Premios Satellite
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Gena Rowlands | Mellor actriz secundaria | Gañadora | 2005 |
- Casting Society of America
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Matthew Barry e Nancy Green-Keyes | Mellor casting de película | Gañadores | 2005 |
- BMI Film Music
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Aaron Zigman | Mellor música de película | Gañador | 2005 |
Candidaturas
editar- Golden Trailer Awards
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Nick Cassavetes | Mellor romance | Candidato | 2005 |
- Teen Choice Awards
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor baile de película | Candidatos | 2005 |
Notas
editar- ↑ Greve, Joan E. (25 de xuño de 2014). "9 Best Quotes from The Notebook". Time. Consultado o 26 de xullo de 2014.
- ↑ "'The Notebook' director claims Ryan Gosling tried to have Rachel McAdams removed from film". NME. 3 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2014.
- ↑ "The Notebook Special Edition on ABC Family This Sunday". Nicholas Sparks: The Official Website. Consultado o 17 de novembro de 2012.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial (en inglés)