Thomas Gainsborough
Thomas Gainsborough, nado en Sudbury (Suffolk), bautizado o 14 de maio de 1727 e finado en Londres o 2 de agosto de 1788, foi un pintor de paisaxes e retratista inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1727 Sudbury, Reino Unido (pt) |
Morte | 2 de agosto de 1788 (61 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | St Anne's Church, Kew (en) |
Educación | Sudbury Grammar School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bath Londres Ipswich (pt) Sudbury (pt) |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, gravador, pintor de paisaxes, debuxante, Retratista, artista |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato pictórico, Arte de paisaxes e retrato |
Movemento | Rococó |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Burr Gainsborough |
Fillos | Mary Gainsborough Fischer, Margaret Gainsborough |
Pais | John Gainsborough e NN Burroughs |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography Biblioteca dixital BEIC |
Foi académico e un dos fundadores da Royal Academy of Arts. É coñecida a súa rivalidade con Joshua Reynolds,[1] o primeiro presidente da Academia.[2] Pintaba rapidamente, e as súas obras de madureza caracterízanse por unha paleta lixeira e golpes fáciles. A pesar de ser un prolífico retratista, Gainsborough conseguiu máis satisfacción coas súas paisaxes.[3]
Traxectoria
editarSuffolk
editarThomas Gainsborough naceu en Sudbury, Suffolk, un extenso condado ao leste de Inglaterra. Foi o fillo máis novo de John Gainsborough, un tecedor e creador de obxectos de la, e da súa esposa Mary, irmá do reverendo Humphry Burroughs.[4] Aos trece anos de idade impresionou o seu pai coas súas habilidades co lapis, de xeito que lle permitiu ir a Londres para estudar arte en 1740. En Londres formouse primeiro co gravador francés Hubert François Gravelot,[4] mais ao final relacionouse con William Hogarth e a súa escola. Máis tarde estudou pintura con Francis Hayman, pintor de temas históricos. Axudou a Hayman na decoración dos palcos superiores nos xardíns de Vauxhall,[4] e contribuíu á decoración do que hoxe é a Fundación Thomas Coram para Nenos.
A través de Gravelot, (que fora discípulo do gran pintor francés Antoine Watteau) recibiu a influencia deste e posteriormente de artistas da escola flamenga e do pintor barroco Anton van Dyck.
En 1746, Gainsborough casou con Margaret Burr, filla ilexítima de Henry Scudamore, terceiro duque de Beaufort, que estableceu unha anualidade de duascentas libras para a parella. A obra do artista, por entón formada principalmente por pinturas de paisaxes, non se vendía moi ben. Regresou a Sudbury en 1748-1749 e concentrouse na pintura de retratos.[5]
En 1752, el e a súa familia, que agora incluía dúas fillas, Mary ("Molly", 1750–1826) e Margaret ("Peggy", 1751–1820),[6] trasladouse a Ipswich. Aumentaron as encargas de retratos persoais, mais a súa clientela estaba formada principalmente por comerciantes e cabaleiros locais. Tiña que tomar prestado da anualidade da súa esposa como garantía.[5]
Bath
editarEntre 1759 e 1774 viviu en Bath, balneario costeiro de moda, onde pintou numerosos retratos (A muller de azul) e paisaxes. En Bath viviu no número 17 de The Circus.[7] Alí estudou os retratos de van Dyck e ao final foi quen de atraer unha clientela elegante. En 1761, comezou a enviar traballos á exposición da Society of Arts en Londres e a partir de 1769 presentou obras ás exposicións anuais da Royal Academy. Seleccionou retratos de clientes ben coñecidos para chamar a atención. Estas exposicións axudárono a obter reputación nacional, e foi convidado a converterse nun dos membros fundadores da Royal Academy en 1769. A súa relación coa academia, non obstante, non foi sinxela e deixou de expor as súas pinturas alí en 1773.
Londres
editarEn 1774, Gainsborough e a súa familia trasladáronse a Londres para vivir en Schomberg House, Pall Mall.[8][4] En 1777, de novo comezou a expor as súas pinturas na Royal Academy, incluíndo retratos de celebridades contemporáneas como o duque e a duquesa de Cumberland. Continuaron celebrándose exposicións súas durante os seguintes seis anos.
En 1780, pintou os retratos do rei Xurxo III e da raíña consorte Carlota Sofía. Despois recibiu moitas encargas reais. Isto proporcionoulle certa influencia na Academia e permitiulle impor a forma en que desexaba que se expuxese a súa obra. Con todo, en 1783, quitou as súas pinturas da seguinte exposición e levounas a Schomberg House.
En 1784 faleceu o pintor real Allan Ramsay e o rei viuse obrigado a dar o traballo ao rival de Gainsborough e presidente da Academia, Joshua Reynolds. Porén, Gainsborough continuou a ser un pintor favorito da familia real.
Nos seus últimos anos, Gainsborough pintou con frecuencia paisaxes ordinarias relativamente sinxelas. Con Richard Wilson, foi un dos creadores da escola paisaxista británica do século XVIII.
Foi o pintor favorito da aristocracia británica e logrou unha gran fortuna cos seus retratos. Morreu de cancro en Londres en 1788 aos sesenta e un anos de idade. Segundo a súa filla Peggy, as súas últimas palabras foron "van Dyck".[9] Por expreso desexo seu, foi enterrado na igrexa de St. Anne, Kew, onde a familia rezaba habitualmente. Está soterrado no mesmo lugar que o ilustrador botánico Francis Bauer. En 2011, estaba en proceso unha iniciativa para pagar os custos da restauración da súa tumba.[10]
Notas
editar- ↑ Nikkhah, Roya (25 de novembro de 2012). "Reynolds and Gainsborough - artistic rivals’ reconciliation revealed in Royal Academy show". The Daily Telegraph. Consultado o 23 de decembro de 2018.
- ↑ Nash, Steven A.; Orr, Lynn Federle; California Palace of the Legion of Honor; Stewart, Marion C. (1999). Masterworks of European Painting in the California Palace of the Legion of Honor. Hudson Hills. p. 111. ISBN 9781555951825.
- ↑ Woodall, Mary (1939). Gainsborough's Landscape Drawings. Faber & Faber. p. 1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Thomas Gainsborough". National Gallery of Art. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Baetjer, Katharine (2009). British Paintings in the Metropolitan Museum of Art, 1575-1875. Nova York: Metropolitan Museum of Art. p. 92. ISBN 9781588393487.
- ↑ Hamilton, James (2017-07-13). Gainsborough: A Portrait. W&N. ISBN 1474600522.
- ↑ Greenwood, Charles (1977). Famous houses of the West Country. Kingsmead Press. ISBN 978-0-901571-87-8.
- ↑ Open Plaque
- ↑ "Episode 5, Gainsborough, Book of the Week - BBC Radio 4". BBC. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2017. Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ "Restoration of Thomas Gainsborough's tomb". Londres: Richmond Guardian. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Gainsborough |
Bibliografía
editar- Thomas Gainsborough’s 'Lost' Portrait of Auguste Vestri, Martin Postle
- The Letters of Thomas Gainsborough (Paul Mellon Centre for Studies), John Hayes