Thomas Woodrow Wilson
presidente dos Estados Unidos de América de 1913 a 1921
Thomas Woodrow Wilson, nado en Staunton (Virxinia) o 28 de decembro de 1856 e finado en Washington, D.C. o 3 de febreiro de 1924, foi un escritor e político estadounidense, presidente dos Estados Unidos dende 1913 ata 1921.
Traxectoria
editarAntes de comezar a súa carreira política fora escritor. A súa presidencia coincidiu coa primeira guerra mundial. Partidario da neutralidade no conflito, en abril de 1917 tras o afundimento do transatlántico Lusitania por submarinos alemáns, decidiu a participación do seu país na contenda. Impulsou a Sociedade de Nacións, a pesar de que non inscribiría os EUA nela.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1919.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Woodrow Wilson |